Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de setembro de 2020

A temporada de praias péchase con 532 incidencias, un 30% menos que no verán pasado

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, atribúe este descenso ao control das capacidades dos areais municipais por mor da crise da Covid-19 e destaca que “afortunadamente, a maior parte das incidencias atendidas polo servizo municipal de socorrismo foron de carácter leve”

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, destaca o descenso das incidencias experimentado este verán nas praias da cidade, que pechan a tempada estival cun total de 532 asistencias, un 30% menos que en 2019. En xeral, Borrego atribúe este descenso ao control das capacidades dos areais municipais debido á crise da Covid-19 e salienta que "afortunadamente, a maior parte das incidencias atendidas polo servizo municipal de socorrismo foron de carácter leve".

A maioría das atencións realizadas polas/os 56 profesionais que traballaron nas praias de Riazor, Orzán - O Matadoiro, As Lapas, Santo Amaro e Oza, tivo que ver con feridas superficiais, un total de 140, as picaduras de escarapote sumaron 110 e as doutros insectos, 25. Ademais, desde o Servizo de Salvamento e Socorrismo, contabilizáronse 32 rozaduras, 29 traumatismos, 20 traslados de persoas a centros sanitarios e 18 rescates acuáticos. Cómpre destacar que nesta tempada as e os socorristas interviñeron en 9 ocasións por alertas de persoas desaparecidas, dúas máis que en 2019, aínda que todas estas se resolveron de xeito satisfactorio.

Desde a Área de Seguridade Cidadá, destacan que non tiveron que asistir ningún afogamento nos areais e que só atenderon unha parada cardiorrespiratoria e unha perda de coñecemento.

Por praias, a que máis incidencias rexistrou neste verán foi a do Orzán - O Matadoiro, con 178 atencións, seguida de Riazor, con 138 asistencias, Santo Amaro con 106, Oza con 75 e As Lapas con 35.

Por meses, o que máis incidencias acumulou foi xullo, cun total de 227 incidencias, seguido de agosto, con 159 atencións, a primeira metade de setembro con 92 asistencias, e a segunda quincena de xuño con 54.

Na temporada pasada, os servizos municipais atenderon, no conxunto de meses de praia, 760 incidencias, que se repartiron en 42 na segunda quincena de xuño, 291 en xullo, 334 en agosto e 93 nos primeiros 15 días de setembro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión