Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de agosto de 2025

A Travesía a Nado de San Amaro posponse por mor da desfavorable previsión meteorolóxica desta fin de semana

O comité organizador da proba valorou esta mañá a situación actual, que imposibilita a celebración da Travesía pola alerta laranxa prevista o domingo

A 84ª edición da Travesía a Nado de San Amaro, prevista este domingo 31 de agosto, será finalmente posposta ante a previsión meteorolóxica adversa emitida pola AEMET, que prevé alerta laranxa precisamente na xornada dominical.

Tal e como informou esta mañá o Club do Mar de San Amaro, organizador da proba coa colaboración do Concello, as condicións meteorolóxicas non son favorables de cara ao desenvolvemento da cita esta fin de semana, polo que se suspende a previsión deste domingo e está sobre a mesa recuperar a Travesía o vindeiro 21 de setembro, se as circunstancias así o permiten.

Cómpre lembrar que a cancelación da proba xa era unha posibilidade real atendendo á recente presencia de carabelas portuguesas nas augas da Coruña, por motivos de seguridade. En todo caso, tal e como se recalcou desde o comité organizador da Travesía, é a previsión meteorolóxica actual o que obriga a posposición da proba, tamén para preservar a seguridade das persoas participantes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión