Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de noviembre de 2021

Á venda as entradas para o segundo concerto de Fito y Fitipaldis na cidade da Coruña, en marzo do ano 2022

Ante a boa resposta do público pola primeira actuación xa programada, activouse unha segunda data, tamén no Coliseum, da xira ‘Cada vez cadáver Tour’

A nova xira do grupo de rock and roll Fito y Fitipaldis, que comezará o 12 de marzo do próximo ano e chegará a 21 cidades de todo o país, sumará un segundo concerto ao que xa estaba previsto que se celebrase na Coruña, anunciado a mediados deste mes de cara ao 19 de marzo do 2022 no Coliseum.

O agardado regreso do artista vasco, que non actúa na urbe herculina dende o ano 2017, esporeou a resposta favorable do público, a piques de esgotar as entradas para a primeira cita xa programada. Ante esta perspectiva, acordouse a activación dunha segunda data que se encadrará na mesma fin de semana, con outro concerto de Fito y Fitipaldis o venres 18 de marzo do 2022, tamén no Coliseum.

A Coruña será, tras Santander, a segunda parada da banda que lidera o músico e cantante bilbaíno Fito Cabrales, creada como un proxecto paralelo do artista despois da disolución da súa anterior formación, Platero y Tú. Na nova xira, a 'Cada vez cadáver Tour', bautizada coa denominación do seu último traballo discográfico, os seguidores e seguidoras de Fito y Fitipaldis poderán asistir tamén á actuación da banda convidada Morgan, que presentará 'The river and the stone'.

As entradas para o segundo concerto, xa á venda

Coas entradas para a actuación do 19 de marzo do 2022 a piques de esgotarse, xa están á venda os pases adscritos ao concerto da xornada previa, a do 18 de marzo. Están dispoñibles a través das páxinas web da Ataquilla.com e Ticketmaster, así como en formato físico, no despacho de billetes situado na praza de Ourense, por 30 euros máis gastos adicionais.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión