Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de decembro de 2020

A Xunta de Goberno Local aprobará o proxecto para dotar a Xuxán dunha zona urbana deportiva e de ocio

Serán case 2.200 metros cadrados dedicados ao lecer e á práctica de distintas especialidades como tirolina, parkour ou skate, con elementos biosaudables e unha pista multideporte, para o que se investirán preto de 600.000 euros

A Xunta de Goberno Local aprobará o próximo mércores o proxecto co que o Concello dotará ao barrio de Xuxán dunha zona urbana de ocio especialmente dedicada ás e aos nenos e enfocada a fomentar a práctica deportiva. A alcaldesa, Inés Rey, afirma que coa posta a punto destas instalacións, comezará a urbanización definitiva de Xuxán que lle permitirá á veciñanza facer vida plena nun barrio que estará acondicionado ás súas necesidades: "Trazaremos no perímetro a nosa idea de cidade coa creación de espazos públicos para a convivencia, vexetación e metros cadrados para o paseo".

O espazo contará con tirolina, zona para o skate e mais cunha pista multideporte, equipamentos que virán a paliar o déficit de áreas para as e os máis pequenos e mozos do barrio. Serán en total case 2.200 metros cadrados vinculados a usos deportivos en que se investirán un total de preto de 600.000 euros, dos que 250.000 irán destinados a sufragar estes elementos para o lecer.

Ademais, as persoas maiores contarán con módulos biosaudables para realizaren ximnasia de mantemento e haberá un apartado para a calistenia, en que as persoas usuarias poderán ralizar adestramentos de forza.

Delimitada polas rúas Carré Alvarellos e José Lesta Meis, a nova área reservará espazo para os xogos infantís adaptados a idades comprendidas entre os tres e os seis anos xunto a un apartado de biosaudables, en que as persoas adultas poderán facer ximnasia no exterior. Haberá tamén unha pista multideporte equipada con canastas e porterías para a práctica de varias especialidades, unha tirolina e a skate-praza, destinada ao uso de "Skateboard" e "Roller".

O parkour será outra dos deportes que o Concello potenciará en Xuxán con equipos destinados ao adestramento xunto á calistenia, que terá cabida con equipamentos dirixidos a facer exercicios físicos co propio peso corporal. Neste sistema, o interese está nos movementos de grupos musculares grandes.

A localización dos distintos apartados realizouse coa intención de xerar as mínimas molestias entre as persoas usuarias xa que responden a perfís moi diferentes tanto pola idade como polas súas prácticas deportivas. Así é como o parque infantil estará na parte oposta á zona de skate e calistenia, coa pista multideporte como nexo entre ambos espazos.

O prazo de execución das obras será de seis meses, contados a partir da data do replanteo definitivo, e a actuación completarase co acondicionamento de vexetación, bancos e demais mobiliario urbano.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión