Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de xuño de 2020

A Xunta de Goberno local dá luz verde á contratación do servizo de limpeza viaria por un importe de 14 millóns de euros

Tamén se aprobará o proxecto de mellora da mobilidade no barrio dos Castros que inclúe a construción dun ascensor. Luz verde á contratación das obras de reforma do campo de fútbol de Eirís

A Xunta de Goberno Local autorizará mañá a formalización do contrato do servizo de limpeza viaria coa UTE FCC Medio Ambiente- SAU Ingreser Atlántica por un importe de 14.382.287 euros tras desestimar o Tribunal Administrativo de Contratación Pública, TACGal, o recurso interposto pola UTE formada por Valoriza Servizos Ambientais e Arias Infraestructuras contra o acordo de adxudicación do servizo. Deste xeito, levántase de maneira automática a suspensión e pódese continuar co procedemento de contratación.  O servizo de limpeza viaria foi adxudicado en febreiro deste ano á UTE  FCC Medio Ambiente-Ingreser Atlántica por un importe de 14.383.287, 75 euros (10% IVE incluído) e un prazo de duración de oito anos improrrogable. O gasto máximo previsto para 2020 é de 7.191.643,88 euros. En maio, Valoriza Servizos e Arias Infraestruturas presentou un recurso contra a adxudicación, o que provocou un atraso na posta en marcha dun servizo esencial para a cidade.

Tamén se aprobará o proxecto  de mellora da accesibilidade no Barrio dos Castros que inclúe a construción dun ascensor. O proxecto levarase á Xunta de Goberno tras varios meses de consultas coas asociacións veciñais. O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, e un equipo de técnicos mantiveron varias reunións coas asociacións dos Castros, do Castrillón e a Federación de Veciños que cualificaron de "moi positivo" o proxecto que puxo en marcha o anterior executivo, pero que aínda non se presentará á veciñanza.

O orzamento ascende a 486.709,80 euros. O obxectivo é mellorar a accesibilidade na confluencia da rúa Vila de Padrón e a rúa Ortigueira coa Avenida da Pasaxe e para iso instalarase un ascensor que  permitirá salvar a elevada pendente existente na avenida da Concordia. Este ascensor desembarcará nunha ampla marquesiña que utilizará como parada tanto de buses urbanos como interurbanos. O acceso ao ascensor realizarase a través dunha pasarela elevada á que se chega subindo uns chanzos desde a rúa Ortigueira ou a través dunha rampla de acceso desde a rúa Villa de Padrón, de case 11 m de lonxitude. O ascensor terá capacidade para 12 persoas. O plan conta con informes favorables do Departamento de Patrimonio Urbanístico e do Departamento do Sistema de Información Territorial.

Ademais, na sesión de mañá, a  Xunta de Goberno Local dará luz verde á contratación das obras do campo de fútbol de herba artificial de Eirís por un importe de 1.223.915 euros e un prazo de execución de 8 meses. O proxecto, que recolle a construción de vestiarios para todas as persoas usuarias do campo e o peche, responde a unha vella demanda dos clubs de fútbol da cidade.

A Xunta de Goberno Local aprobará destinar 60.000 euros ás bolsas para deportistas individuais, polo que se sacará adiante a convocatoria pública de concorrencia competitiva para solicitalas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión