Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de outubro de 2026

Aberta a inscrición na carreira popular do Ventorrillo, que terá lugar o 25 de outubro e combinará treitos de asfalto e terra en case seis quilómetros

Será a penúltima proba desta tempada do circuíto Coruña Corre, que entra xa na súa recta final e rematará no mes de novembro no barrio de Novo Mesoiro

O barrio do Ventorrillo acollerá o vindeiro domingo 25 a penúltima carreira popular desta tempada do circuíto Coruña Corre, que entra xa na súa recta final con dúas probas por disputar. A última, en novembro, será en Novo Mesoiro.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, informou hoxe de que o prazo de inscricións para a carreira do Ventorrillo xa está aberto, e de que continuará habilitado ata o día 18, domingo previo á celebración da proba. "Convidamos á cidadanía a participar nesta xornada deportiva ao aire libre, claro exemplo do traballo do Goberno de Inés Rey por ofrecer actividades de ocio e deporte saudable para todas a idades", indicou o edil.

A carreira, que terá unha distancia de 5.850 metros, arrincará ás 10.00 horas no cruzamento entre as rúas Alcalde Salorio Suárez e Alcalde Jaime Hervada, punto de partida dun trazado que combinará treitos de asfalto e pistas de terra tanto polo Ventorrillo como pola contorna do núcleo poboacional da Silva.

Ademais, á disputa da proba en categoría absoluta sumarase, como xa é habitual, a celebración da carreira en categorías inferiores, desde sub-18 a peques. Haberá saídas graduais entre as 11.15 e as 12.30 horas e tamén percorridos diferenciados en función das idades das rapazas e rapaces participantes.

Toda a información sobre a carreira popular do Ventorrillo que terá lugar o vindeiro 25 de outubro pódese consultar na páxina web de Coruña Corre, onde tamén se detalla polo miúdo os servizos dos que disporán as persoas participantes: lugar e horarios da recollida de dorsais, duchas, gardarroupa e avituallamento.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión