Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de setembro de 2022

Aberta ao público a exposición “AI: More than human”, sobre intelixencia artificial

A Coruña será a única cidade española en acoller a exposición, e a primeira europea logo da súa estrea en Londres

A alcaldesa, Inés Rey, interveu esta tarde na inauguración da exposición "AI: More than human" organizada por Obra Social ABANCA, unha exposición sobre a relación do ser humano coa intelixencia artificial. No acto de apertura estiveron o Presidente  de ABANCA, Juan Carlos Escotet, Luke Kemp, Director Barbican International Enterprises e Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia.

Na súa intervención, a alcaldesa destacou que A Coruña será a primeira cidade europea en acoller a exposición despois de Londres e a única en España: "un feito que manifesta que A Coruña é a cidade de referencia en empresas tecnolóxicas, que xa é a cidade das TIC". Inés Rey aproveitou para lembrar que este ano se implantou na UDC o primeiro Grao en Intelixencia Artificial "cun éxito total na súa primeira convocatoria" así como a celebración do Congreso Ecosystems 2030, "que converteu A Coruña no epicentro da tecnoloxía".

Ademais, Rey puxo en valor a Cidade das TIC como proxecto clave para o posicionamento da Coruña como polo tecnolóxico, "unha realidade que non sería posible sen o compromiso de todas as institucións implicadas, tamén o Concello" sinalou.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión