Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de novembro de 2026

Abertas as inscricións para a Carreira Popular de Novo Mesoiro, última cita do circuíto Coruña Corre

A proba celebrarase o 22 de novembro e as persoas interesadas en participar poderán anotarse ata o domingo anterior

Este luns abríronse as inscricións para a XIV Carreira Popular de Novo Mesoiro, que pecha a decimo terceira edición do circuíto de carreiras nos barrios Coruña Corre. Celebrarase o domingo 22 de novembro desde as 10.00 horas. 

A carreira absoluta será de 5.175 metros de distancia. O resto de categorías, un total de seis máis, contarán con percorridos reducidos adaptados para todas as idades. A carreira percorrerá a maior parte do barrio, partindo do pavillón municipal de Novo Mesoiro, na rúa dos Ancares, e coa meirande parte do trazado por asfalto. 

O circuíto Coruña Corre chega ao seu fin como un referente a nivel galego das carreiras populares e unha aposta decidida do Goberno de Inés Rey polo fomento de hábitos de vida saudables. Un dos obxectivos destas probas é involucrar aos diversos barrios da cidade nas actividades deportivas promovidas polo Concello.

As persoas interesadas poderán inscribirse nesta proba ata o domingo 15 de novembro ás 23.59 horas. As persoas que participen no circuíto completo tamén deberán confirmar a súa participación nesta carreira. A recollida de dorsais poderá realizarse no centro comercial Cuatro Caminos o sábado 21 de novembro, de 11.00 a 20.30 horas. Toda a información, en www.corunacorre.com.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión