Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de decembro de 2025

Aberto o prazo de inscrición para a residencia literaria Latitude 43, para autores de todo o mundo

O programa oferta unha bolsa que cobre o traslado, manutención e aloxamento para a persoa beneficiaria durante o mes de abril de 2026

O Concello da Coruña financia o programa 'Residencia Latitude 43' para estadías literarias na cidade da Coruña. Esta proposta, integrada no plan de reforzo para o sector cultural que impulsa o Goberno de Inés Rey, ten a finalidade de promocionar a creación literaria en condicións de excelencia na cidade da Coruña, aportando ao beneficiario un contexto e un espazo óptimo para o desenvolvemento do seu talento, coa enteira dedicación a un proxecto de escritura creativa. O programa está dirixido pola Premio Nacional de Poesía 2023, Yolanda Castaño.

Convocada pola Asociación Escrita Creativa 1863, a bolsa oferta unha dotación que cobre o traslado, manutención e aloxamento para a persoa beneficiaria da estadía durante un mes. Ademais, a escritora ou escritor que obteña a residencia dun mes na Coruña terá acceso de balde a museos, galerías, bibliotecas, concertos, encontros literarios, obras de teatro e outros eventos culturais, co obxectivo de que dispoña de todas os estímulos posibles para avanzar no seu proxecto. Ademais, a autora ou autor terá a oportunidade de ofrecer un encontro público para amosar a súa obra en Galicia durante o tempo de residencia.

No programa "Latitude 43" ofértase unha estadía en residencia para autoras e autores de calquera xénero literario, procedencia e idiomas do mundo durante o mes de maio, na Residencia Literaria 1863 da Coruña durante o mes de abril de 2026. Poderá concorrer a ela, de xeito individual, calquera escritora ou escritor maior de dezaoito anos con, como mínimo, dous libros publicados, en todo tipo de xéneros literarios, para calquera idioma do mundo.

O prazo de inscrición, aberto ata o vindeiro 6 de xaneiro

As persoas interesadas en optar ao programa de estadía literaria poderán realizar a inscrición remitindo a documentación solicitada, nas bases anexas, ao enderezo de correo electrónico 1863coruna@gmail.com, antes das 22.00 horas do vindeiro día 6 de enero.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión