Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de agosto de 2022

Abre o prazo de inscrición da nova quenda de percorridos guiados polo patrimonio arqueolóxico da Cidade Vella, organizados polo alumnado do obradoiro de emprego xuvenil

O vindeiro luns 8 de agosto, os guías da Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos (CORVXA) dirixirán dúas andainas orientadas á difusión histórico-cultural existente no distrito

O Concello da Coruña, a través do servizo municipal de Emprego, abriu este luns o prazo de inscrición para a vindeira quenda de percorridos guiados que organiza o alumnado do obradoiro de emprego de garantía xuvenil da Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos (CORVXA), e terá lugar o día 8 de agosto.

Nesta ocasión, habilitaranse dous percorridos diferenciados na contorna da Cidade Vella e o conxunto da Cidade Vella e Pescaría, itinerarios orientados a que a cidadanía se achegue ao patrimonio arqueolóxico existente no barrio.

A primeira das andainas, cun percorrido desde as murallas da Cidade Vella ata o antigo convento de San Francisco, comezará ás 09.30 horas. O punto de encontro será nos xardíns da Maestranza, na contorna do reitorado, e continuará pola rúa Zapatería, Porta de Aires, Porta Real, O Parrote, a praza de Carlos I, Porta de San Miguel e, finalmente, rematará ante as portas do antigo convento de San Francisco.

A continuación, e xa desde as 11.30 horas, os guías da Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos dirixirán ás persoas asistentes polo traxecto 'Coruña Romana e o conxunto Cidade Vella-Pescaría' que comeza en Porta Real e continúa pola igrexa de Santiago, as rúas Tabernas, Príncipe e Santo Domingo -con parada ante os conventos de Santo Domingo e Santa Bárbara-, a colexiata de Santa María, a rúa da Franxa, a igrexa castrense de San Andrés, o Obelisco e, finalmente, remata na praza de María Pita.

As persoas interesadas en asistir ás andainas previstas o vindeiro día 8 xa poden formalizar a súa inscrición a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/EkB3uiWeKmoNdVfe6

Habilitaranse 15 prazas por percorrido, que se adxudicarán por rigorosa orde de inscrición.

Continuidade das visitas guiadas nos barrios da Cidade Vella e Pescaría durante a tempada estival

Esta nova quenda de andainas pola Cidade Vella e Pescaría, que forma parte das actividades promovidas no contexto da especialidade formativa en 'Dinamización, programación e desenvolvemento de actividades culturais', dá continuidade aos percorridos xa executados a semana pasada, entre martes e xoves, na contorna do convento de San Francisco, o Castro de Elviña e a propia Cidade Vella.

A Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos é un programa de emprego e formación para mozos e mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, promovido polos concellos da Coruña e Culleredo. Esta iniciativa xuvenil parte do compromiso do Goberno de Inés Rey de impulsar a inserción laboral como motor económico da cidade, con iniciativas coma este obradoiro ou o proxecto Coruña Suma. 

Neste sentido, as mozas e mozos que participan no programa da Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos fórmanse en dúas especialidades: 'Dinamización, xestión e desenvolvemento de accións culturais' e 'Produción fotográfica'.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión