Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

23 de xuño de 2020

Ábrense os prazos para solicitar e renovar praza nas escolas infantís

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica as bases reguladoras do proceso de admisión nos nove centros para o curso 2020-2021

Rexistra a solicitude de praza na escola infantil 2020-2021

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou xa as bases reguladoras do proceso de admisión nas nove escolas infantís municipais para o curso 2020-2021, despois de seren aprobadas na Xunta de Goberno Local do pasado 17 de xuño.

O proceso está establecido en dúas tipoloxías: reserva de praza e novos ingresos:

Canto á reserva de praza, as e os menores escolares terán dereito á renovación da praza na súa escola desde o 18 até o 23 de xuño. Deben estar ao día no pago das tarifas mensuais. Tamén se poderá solicitar praza noutra escola en caso de cumprir co requisito anterior e que a/o pequena/o teña unha/un irmá/irmán nese centro ou en caso de ser menor con NEAE e non haxa outra/o na unidade na que se solicite ingresar.

As familias que estean nesta situación presentarán na secretaría da escola a documentación precisa. Rematado este prazo, o 25 de xuño publicarase unha listaxe de prazas vacantes en cada unha das escolas e na páxina web do concello (https://www.coruna.gal/educación/es).

Seguidamente, abrirase o prazo para solicitar praza de novo ingreso (carácter preferente e carácter ordinario), desde o 26 de xuño até o 16 de xullo.

As solicitudes con carácter preferente son as correspondentes a fillas/os do persoal traballador da escola, a nenas e nenos que conten cunha irmá ou irmán escolarizada/o nunha escola da REIM para os efectos de se matricularen nela por primeira vez, as consideradas de urxencia social, isto é, menores tuteladas/os ou en situación de garda por parte da Administración autonómica, fillas e fillos de persoas que estean en casa de acollida ou vítimas de violencia de xénero ou as e os que se encontren en circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran unha intervención inmediata.

Todas estas situacións enumeradas deberán acreditarse documentalmente para xustificar a súa preferencia. As peticións de novo ingreso que non teñan carácter preferente serán obxecto dunha baremación para a que se terá en conta a súa situación socioeconómica (que virá determinada pola renda anual da unidade familiar), a sociofamiliar e a sociolaboral de cada familia.

Poderán pedir até un máximo de dúas escolas por orde de prioridade e como requisito indispensable, as e os proxenitores ou titoras/es deberán estar empadroadas/os no municipio da Coruña con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano en que se solicita a praza.

En caso de estaren separados, polo menos unha das dúas persoas terá que cumprir con esta premisa.

As solicitudes deberanse presentar en liña na web municipal www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "solicitude de praza na escola infantil 2020-2021". Unha vez formulada, o sistema elaborará un documento PDF, do que se mandará unha copia ao correo electrónico das persoas demandantes. Este documento deberase imprimir, asinar e presentar no rexistro xeral xunto co resto da documentación.

A matrícula será xestionada por cada unha das Escolas da REIM ás que as familias con nenas/os admitidas/os deberán dirixirse para confirmalo.

Unha vez que se complete este proceso e sempre que existan prazas vacantes, abrirase un novo prazo de solicitude que se someterá, neste caso, aos mesmos criterios de baremación que se sinalan nas bases. Canto ao custo da praza escolar e os servizos complementarios, as persoas residentes na Coruña terán dereito á gratuidade da praza escolar. No caso de extras como o almorzo, comedor, merenda ou horario ampliado, as tarifas serán aprobadas polo concello en Xunta de Goberno Local.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión