28 de xaneiro de 2020
O Concello da Coruña lanzou un programa de beta-testing á cidadanía para probar a nova app de pago con móbil do bus urbano: App Millennium Próxima
A Área de Mobilidade xa recibiu 200 solicitudes de persoas usuarias para probar a App Millennium Próxima e poder pagar as súas viaxes co móbil.
O único requisito necesario era que a/o usuaria/o dispuxese dun móbil con sistema operativo Android e soporte de tecnoloxía NFC.
Nos próximos meses, a aplicación tamén estará dispoñible para toda a cidadanía.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible