Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de maio de 2023

ACOREUROPA XI: publicación das listaxes provisionais de persoas seleccionadas, de agarda e excluidas

Ábrese un PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS de dez días hábiles, dende o 30 de maio ao 12 de xuño de 2023

Publícanse as listaxes provisionais das persoas seleccionadas e de agarda e excluidas para participar no PROGRAMA DE BOLSAS FP-PROXECTO ACOREUROPA XI, organizado pola Concellaría de Educación do Concello da Coruña, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os 10 centros docentes asociados.

Reunida a Comisión de Valoración, o 29 de maio de 2023, e realizada a baremación da documentación presentada polas persoas admitidas (segundo a cláusulas 6 das bases do dito proceso), procédese á publicación a acta da Comisión de Valoración e as ditas listaxes provisionais (en documentos relacionados):

a)      Das persoas seleccionadas provisionalmente (tantos como prazas se oferten no programa), sinalando o país de destino.

* Tal como se recolle na cláusula 5.1 das bases: "No caso dos titulados en xuño de 2023, a súa participación quedará supeditada á xustificación de ter rematado o ciclo e superada a FCT  ou rematado o curso de especialización".

* Os destinos indicados tamén son provisionais, tal como se recolle na cláusula 2 das bases: "Non obstante, o órgano competente poderá variar a súa distribución en función da competencia lingüística das persoas seleccionadas e da existencia de empresas axeitadas ao seu perfil profesional e académico nos destinos solicitados".

b) Das persoas que, cumprindo os requisitos, non acadan o número de orde que lles permita participar no programa por exceder do número de prazas. Estas persoas constituirán a listaxe de agarda provisional.

c) Das persoas solicitantes que non cumpren os requisitos para participar no programa, con expresión sucinta da causa da súa exclusión.

Ábrese un PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS de dez días hábiles, dende o 30 de maio ao 12 de xuño de 2023, para que, no caso que corresponda, se poidan realizar alegacións ao respecto das puntuacións asignadas, sobre a base da documentación que obre no expediente. De non facelo así teráselle por desistido da súa petición.

Ditas alegacións deberán ser presentadas en calquera dos rexistros municipais (ubicados no Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Ágora ou Mesoiro) ou en calquera das dependencias a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (neste caso, enviar un correo co xustificante a educacion@coruna.gal).

As persoas seleccionadas provisionalmente e as 5 primeiras da listaxe de agarda terán que presentar, ata o 12 de xuño, a seguinte documentación por rexistro (de igual xeito que as alegacións):

a)      Fotografía recente tamaño carné.

b)      Se for o caso, Certificado Covid da Unión Europea de vacinación (opcional).

c)       Curiculum europeo (Europass), en inglés.

d)      Application form, en inglés.

e)      Carta de motivación, en inglés.

Posteriormente, consonte as clausulas 10 e 11 das bases "a Comisión de Valoración examinará as alegacións presentadas e emitirá informe motivado".  Despois, "A proposta de resolución definitiva elevarase ao órgano competente que resolverá o procedemento de xeito motivado". E publicarense as listaxes definitivas de persoas selecionadas, listaxe de agarda e listaxe de persoas excluidas na páxina web www.coruna.gal/educacion, a partir do 28 de xuño).

Calquera aclaración ou consulta pódese facer no correo educacion@coruna.es ou no teléfono 981 184 200, extensións 22041 e 12114.

Documentos relacionados

  • Acta 1_Acoreuropa XI (29-05-23) (138 KB)
  • Anexo I_listaxe prov. seleccionadas de agarda e excluídas (75 KB)
  • Application_form (338 KB)
  • Carta_Motivación_instrucións_e_modelos (64 KB)
  • Portal_Europass (1 MB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión