Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de xuño de 2020

Admisións e inscrición para os campamentos urbanos 2020 nos centros cívicos

Consulta as listas de admisións e espera para os campamentos urbanos do verán 2020

Nos documentos que se achegan pódense consultar as listas provisionais de admisións e as listas de espera das quendas de campamentos urbanos, así como a oferta de grupos por cada centro cívico (houbo grupos que non se constituíron porque non se cubriron as prazas suficientes para iso). Tamén se poden consultar as listas nas portas de entrada dos centros cívicos e chamando ao teléfono 010 de información cidadá.

As listas de admisións dos campamentos son provisionais, pasarán a ser definitivas no momento en que se formalice a inscrición.

INSCRICIÓN

A inscrición realizarase os días 10, 11 e 12 de xuño, formalizarase co aboamento da cota por participante de 26 euros para o horario xeral e 32 euros para o horario ampliado, nas datas establecidas para a inscrición. De non ser así, perderase o dereito á praza.

A cota aboarase mediante transferencia bancaria ao número de conta de ABANCA ES 76 2080 0036 6230 4002 1977, e enviarase, a continuación, a copia do comprobante por correo electrónico a campamentos@serviplus.org co nome do/da menor participante, centro cívico e quenda correspondente. En caso de non dispoñer de medios informáticos para realizar o anteriormente exposto, deberase chamar ao teléfono 010 de información cidadá en horario de 11.00 a 13.30 h e de 17.00 a 20.00 h coa información do comprobante do banco para poder confirmar o dito pago.

As nenas e nenos con necesidades educativas especiais, que estean nas listas de admisión para participar nos campamentos, ademais deberán cubrir este formulario. En caso de non dispoñer de medios informáticos para facelo, poderán realizalo chamando ao teléfono 010 de información cidadá en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 h.

As autorizacións para recoller cada día as nenas e nenos á saída do campamento entregaranse e cubriranse o primeiro día da actividade.

As persoas que estean na lista de espera serán avisadas telefonicamente se lles é adxudicada a praza.​

Documentos:

Oferta de grupos por cada centro cívico (20 KB)

Documentos relacionados

  • Urbanos 2020 C.C. A Silva (404 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. Artesáns (191 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. Castrillón (444 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. Cidade Vella (468 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. Eirís (431 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. Elviña (410 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. Feáns (395 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. Labañou (412 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. Mesoiro (659 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. Monte Alto (461 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. Monelos (631 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. Novoboandanza (416 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. Os Mallos (453 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. Palavea (393 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. Pescadores (374 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. Rosales (615 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. Sagrada Familia (404 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. San Diego (460 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. San Pedro de Visma (385 KB)
  • Urbanos 2020 C.C. Santa Margarida (453 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión