Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

23 de outubro de 2020

AgoraSón outono 2020 con Susana Seivane en formato dixital para celebrar o Día Internacional das Bibliotecas

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza este 23 de outubro o AgoraSón con Susana Seivane en concerto. A gravación difundirase proximamente.

Susana Seivane, gaiteira recoñecida a nivel internacional, é unha figura senlleira no espallamento da cultura e da música galega dentro e fóra das nosas fronteiras. Refundindo a tradición que lle vén dada da súa familia de artesáns e intérpretes, Seivane é símbolo da renovación da gaita cun ton de modernidade.

Chamámoslle AgoraSón a dúas tandas de concertos realizadas en primavera e outono e polas que pasaron grupos e solistas como Sés, De Vacas, Guadi Galego, Tanxugueiras, Xabier Díaz etc. As dúas datas non están escollidas ao chou senón que procuramos centralas na celebración de dúas "festas do libro": o Día das Letras en primavera e o Día das Bibliotecas en outono.

O obxectivo principal do AgoraSón é procurar incrementar o consumo de literatura en lingua galega e achegar alternativas de lecer e promocionar a música na nosa lingua. Así mesmo pretendemos visibilizar as nosas artistas, en feminino, e focalizar a súa encomenda nas mulleres artistas da nosa cidade e a súa contorna.

Baixo este programa, o Servizo de Normalización Lingüística realiza concertos musicais dirixidos a todo tipo de público. Durante algunhas semanas, as persoas que collen en préstamo libros ou outro material en galego nas Bibliotecas Municipais, teñen dereito a un máximo de dous convites (até esgotárense) para asistiren a un concerto. que neste caso terá lugar o 23 de outubro de 2020 no Centro Ágora, denominado AgoraSón 2020 outono.

Ata o momento, os concertos do AgoraSón que realizamos foron presenciais. Debido á excepcional situación que estamos a atravesar, optamos polo formato de gravación e posterior difusión a través das plataformas municipais para poder chegar ao maior número posible de persoas e respectar ao máximo as medidas de seguridade que a crise da COVID-19 nos marca a todas e todos nós.

A cultura na nosa lingua é imprescindible e segura. O AgoraSón tamén!

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión