Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de decembro de 2020

Agrela reparte os premios do seu Concurso Éxito 10 a emprendedores do sector inmobiliario e comercial

O concelleiro de Emprego, Jesús Celemín, entregou os galardóns convocados para celebrar o décimo aniversario do centro e cos que o Concello pretende reforzar o tecido empresarial da cidade

O concelleiro de Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, entregou esta mañá no Centro Municipal de Empresas de Agrela os premios ás e aos gañadores do Concurso Éxito10, con motivo do seu décimo aniversario. A iniciativa distinguida co primeiro galardón foi Queluzca, de Carlos González, especialista no asesoramento e a comercialización enerxética, de luz e de gas e mais de fontes renovables. De segunda quedou a proposta de Berta Cuesta, Aloja Plus Coruña, unha plataforma en liña que dá solucións á busca de aloxamento, ofrecendo unha alimentación saudable e a creación de espazos en orde e limpos. Co terceiro premio distinguiuse a Miguel Sánchez por Homemate, que se dedica a servizos de xestión de alugueiro, especialmente o residencial pero tamén vacacional, así como a compravenda de inmobles e a intermediación para o traspaso de negocios.

Na xornada organizáronse tamén dúas mesas redondas en que se trataron cuestións relacionadas cos negocios dixitais e a busca de investidores. Nelas participaron responsables de firmas de marcado carácter tecnolóxico co fin de compartiren as súas experiencias e co denominador común de seren "viveiristas" deste centro municipal e mais do de Accede Papagaio. O edil destacou que a posta en común serviu así para coñecer fórmulas de financiamento non convencionais e coñecer os proxectos premiados e a pegada que están deixando nos sectores inmobiliario e comercial.

Con estes galardóns, o Concello pretende dinamizar e optimizar estes espazos co fin de que as e os coruñeses desenvolvan iniciativas emprendedoras nun contexto favorable e mellorar deste xeito o tecido empresarial do municipio. As recompensas consisten en estadías gratuítas no Centro Municipal de Empresas de Agrela e un tempo de mentorización ou titorías personalizadas nas áreas de xestión que consideren máis necesarias, así como un vídeo promocional para o primeiro dos premiados.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión