Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de xaneiro de 2022

Alejandro Diego Montero e Uxía Rodríguez, vencedores na carreira de Matogrande

O reencontro coa popular de Matogrande reuniu a 900 atletas en categoría absoluta.

A carreira popular de Matogrande bateu o récord de inscrición na súa sexta edición, con máis de 1.800 atletas anotados/as nas distintas categorías. A festiva e deportiva xornada confirmou as ansias dos corredores e corredoras pola volta do circuíto Coruña Corre, tras case dous anos de obrigado parón por mor das necesidades sanitarias.

A competición, realizada na contorna do barrio de Matogrande, iniciouse coa carreira absoluta, sobre un trazado de 7.140 metros. Na categoría masculina venceu Alejandro Diego Montero, cun crono de 23:20. Abdelaziz Fatihhi, que chegou coxeando tras sufrir unhas molestias durante o esprint final, foi segundo (23:40) e Álvaro Marín (23:43) completou o podio absoluto. Na proba feminina entrou en primeira posición Uxía Rodríguez (28:27), con medio minuto de vantaxe sobre a segunda clasificada, Barca Toba (28:58), e máis dun minuto sobre Ángela Torrente (29:36), que acabou en terceira posición.

Continuou a mañá coas carreiras das categorías sub-18 e sub 16, que se disputaron de forma conxunta sobre unha distancia de 2.535 metros. Gañaron a proba sub-16 Irea Alén Fernández e Berket López Díaz, mentres que na sub-18 Ainoa Gontán Igrexas e Jorge Vázquez Pérez foron os máis rápidos. Na categoría sub-14, que tivo que superar unha distancia de 1.495 metros, Jimena Outes Graíño e Enrique Cuíña Fernández foron os campións.

Na categoría sub-12, que tiña que cubrir 730 metros, resultaron gañadores Lucía Ageitos Romeu e Josep Bastos Diz. Idéntico percorrido tiveron que afrontar os sub-10, con triunfos de Sara Zuloaga Lamazares e Hugo Cordal Amarelle.

Tras esta categoría chegou a quenda da categoría Peques, que unha vez máis gozaron das súas carreiras de 120 metros e fixeron gozar aínda máis ao público.

Pódense consultar todos os resultados na seguinte ligazón: https://corunacorre.com/es/web/resultado/evento-2233

O numeroso público asistente congregado gozou animando aos seus e a todas as persoas participantes que chegaron á meta.

A xornada finalizou no interior do colexio Liceo La Paz cunha entrega de premios que reuniu os campións e as campioas, familiares e amizades, e a moitos/as atletas que quedaron a renderlles homenaxe aos gañadores e ás gañadoras.

A próxima cita do circuíto Coruña Corre será o 26 de marzo coa Carreira Nocturna da Torre de Hércules, pero antes poderemos gozar o Media Maratón Coruña21 o próximo 13 de febreiro. O prazo de inscrición para esta carreira continúa aberto durante as seguintes datas:

  • Prazo ordinario: ata o domingo 30 de xaneiro: 18 €
  • 2.º prazo: desde o luns 31 de xaneiro ata o domingo 6 de febreiro: 30 €
  • Prazo extraordinario: luns 7 de febreiro e martes 8 de febreiro: 40 €

Agardámosvos!

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión