Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de maio de 2020

Alumnado dos CEIP Manuel Murguía, Cidade Vella, e Fernández Latorre gravan tres curtas no marco do Obradoiro de Iniciación á Curtametraxe en galego

A actividade foi realizada dende o 14 de outubro de 2019 ao 28 de xaneiro de 2020. Unha segunda fase do obradoiro foi suspendida pola crise do COVID-19

No marco do Obradoiro de Iniciación á Curtametraxe en galego, o alumnado dos CEIP Manuel Murguía, Cidade Vella, e Fernández Latorre gravaron sendas curtas. A continuación resumimos a sinopse de cada unha delas:

· CEIP MANUEL MURGUÍA, MISTERIO ESPACIAL: Un grupo de investigadores descubre que as novas alumnas son alieníxenas. Deciden evitar o que cren é unha invasión pero as extraterrestres chegaron por un motivo ben diferente: aprender da cultura humana.

· CEIP CIDADE VELLA, INVESTIDOC: Uns ladróns rouban uns importantes documentos: os expedientes académicos de todo o alumnado. Se os alumnos e alumnas non consiguen recuperalos, terán que volver  facer todos os exames da súa vida. Así é que comezan unha investigación para descubrir que o profesor é un impostor.

· CEIP FERNÁNDEZ LATORRE, X-AULA: Unha nova alumna chega a "X-Aula", un internado de máxima seguridade onde as normas son estrictas e os castigos moi duros. Coa axuda das súas novas amigas, intentará sair dese lugar pero Naruto, a man dereita do malvado profesor, intentará por todos os medios detelas.

Suspensión da actividade

O obradoiro continuou cunha segunda fase, desenvolvida entre os meses de febreiro a marzo co alumnado dos CEIP  Salgado Torres, Eusebio da Garda, Raquel Camacho, e Ramón de la Sagra. Xa remataran as clases teóricas e comezaran o proceso de gravación das súas curtas cando, o 12 de marzo, se suspendeu a actividade pola crise do COVID-19.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión