Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de xaneiro de 2020

Alumnado e persoal da Escola de Idiomas charlan con Rey sobre a actualidade coruñesa

A alcaldesa participou esta mañá no centro de Riazor nunha tertulia informal en que as persoas participantes lle preguntaron pola adaptación ao seu novo cargo e polo uso do galego en actos institucionais

A alcaldesa, Inés Rey, acudiu esta mañá a unha tertulia organizada pola Escola Oficial de Idiomas (EOI), en que participou persoal e alumnado do centro nun xeito de poñer en práctica o coñecemento das linguas que se imparten alí. Durante a actividade, as persoas participantes interesáronse por cuestións como o uso do galego nos actos intstitucionais, sobre o que a alcaldesa recordou que esta é a canle de comunicación elixida polo Goberno local e por practicamente a maioría das forzas desta corporación, que escribe os comunicados en galego e exprésase nesta lingua nos plenos e convocatorias oficiais. Tamén abordaron cuestións como melloras para os distintos barrios da Coruña ou a traxectoria na política de Rey e como está sendo a adaptación ao novo cargo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión