7 de abril de 2021
Tras a reapertura do prazo para a inscrición nas andainas nas que quedaban prazas libres, publícase a listaxe coa inclusión das novas persoas admitidas e en lista de espera. Lembramos que ten prioridade o alumnado das Escolas Deportivas Municipais para participar nas andainas.
Andainas guiadas | Programa mensual
Opción 1: Ruta polo deporte coruñés e 50 anos do Palacio dos Deportes de Riazor
Horario: 12.00 a 13.00 horas
Duración estimada: 1 hora
Datas: todos os venres de cada mes, excepto festivos
Temática: Historia do deporte coruñés
Nesta ruta repasarase a historia do deporte na cidade da Coruña e as súas persoas protagonistas xunto aos escenarios en que destacaron. Lembraranse fitos como os que ocorreron no Corralón da Gaiteira e A Granxa ata os do campo de Riazor e o estadio que se constrúe a comezos dos 40, unha arquitectura que se revisará para acoller o Mundial de 1982 e que finalmente nos 90 recibirá o "fenómeno do Superdepor". Ademais do fútbol, abordaranse outros deportes como o hóckey sobre patíns, o fútbol-sala, o baloncesto, o atletismo, o remo e a esgrima, así como as e os coruñeses/as que foron "olímpicas/os".
Punto de saída: busto de Arsenio Iglesias
Percorrido: a ruta comezará no busto de Arsenio Iglesias do paseo de Riazor e transitará polos exteriores e interiores do Estadio municipal Abanca Riazor e o Palacio Municipal de Deportes, onde está instalada a exposición "50 anos do Palacio Municipal".
Punto de finalización: Palacio dos Deportes de Riazor.
Opción 2: Ruta polo parque escultórico da Torre
Horario: 12.00 a 13.30 horas
Duración estimada: 1,5 horas
Distancia aproximada: 2,7 quilómetros
Datas: todos os domingos de cada mes
Temática: Historia mitolóxica do contorno
A ruta supoñerá unha camiñada polo parque escultórico que rodea a Torre de Hércules, gozando da paisaxe atlántica e a mitoloxía que encerran as estatuas situadas nas 47 hectáreas de pulmón verde que rodean o faro.
Punto de saída: Oficina de Información da Torre de Hércules
Percorrido: realizaranse paradas na escultura de Caronte, nos Menhires, no Campo da Rata e diante das obras de Hércules na nave dos argonautas, Ara Solis, do petróglifo e as de Breogán, Rosa dos Ventos e do grupo escultórico Ártabros.
Punto de finalización: Grupo escultórico Ártabros
INSCRICIÓN E NORMAS DE PARTICIPACIÓN
A quen vai dirixido? Este programa está dirixido inicialmente ao alumnado das Escolas Deportivas Municipais maior de idade. No caso de que queden prazas libres, abrirase a toda a cidadanía maior de idade.
Canto custa a actividade? A actividade é gratuíta.
Como me apunto? Cubrindo o formulario ou chamando ao teléfono 981 189 800.
Preme aquí para acceder ao formulario
Que datos necesito? Nome e apelidos, número de DNI, número de teléfono, a EDM á que asistes no curso 2020-2021. (No caso das EDM da piscina de Riazor, indicarase a EDM no curso 2019-2020).
Cando me podo apuntar? Ábrese un prazo para as rutas de cada mes.
Como sei que podo participar na andaina? As listaxes de persoas admitidas e en lista de espera publícanse nesta mesma páxina. Ademais, a/o guía ponse en contacto coas persoas admitidas uns días antes de cada ruta.
Como se organizan os grupos? Debido á normativa vixente en materia sanitaria, os grupos serán de 6 persoas máis a/o guía ata que a situación derivada da pandemia por COVID-19 permita aumentar o número de prazas.
Normas de participación: será obrigatorio usar máscara durante toda a actividade, así como respectar as distancias de seguridade co resto de persoas participantes. Atenderanse en todo momento as indicacións da/o guía.
Ao finalizar cada andaina, as e os participantes poderán repoñer forzas coa degustación que ofrecerá Sanbrandán.
Documentos relacionados
7 de abril de 2021
6 de abril de 2021
5 de abril de 2021
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible