Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de maio de 2021

Andainas guiadas | Listaxes das persoas admitidas 2.º prazo - mes de maio

Despois do 2.º prazo de solicitude, publícase a listaxe de persoas admitidas e en lista de espera para as andainas guiadas do mes de maio de 2021.

Andainas guiadas | Programa mensual

OPCIÓN 1: Ruta polo Deporte coruñés e 50 anos do Palacio dos Deportes de Riazor

Horario: 12.00 a 13.00 horas

Duración estimada: 1 hora

Datas: todos os venres de cada mes, excepto festivos

Temática: Historia do Deporte coruñés

Nesta ruta repasarase a historia do deporte na cidade da Coruña e os seus protagonistas xunto aos escenarios en que destacaron. Lembraranse fitos como os que ocorreron no Corralón da Gaiteira e A Granxa ata os do campo de Riazor e o estadio que se constrúe a comezos dos 40, unha arquitectura que se revisará para acoller o Mundial de 1982 e que finalmente nos 90 recibirá o "fenómeno do Superdepor". Ademais do fútbol, abordaranse outros deportes como o hóckey sobre patíns, o fútbol sala, o baloncesto, o atletismo, o remo e a esgrima, así como as e os coruñeses que foron "olímpicas/os .."

Punto de saída: busto de Arsenio Iglesias

Percorrido: a ruta comezará no busto de Arsenio Iglesias do paseo de Riazor e transitará polos exteriores e interiores do Estadio municipal Abanca Riazor e o Palacio Municipal de Deportes, onde está instalada a exposición "50 anos do Palacio Municipal".

Punto de finalización: Palacio dos Deportes de Riazor

OPCIÓN 2: Ruta polo Parque Escultórico da Torre

Horario: 12.00 a 13.30 horas

Duración estimada: 1,5 horas

Distancia aproximada: 2,7 quilómetros

Datas: todos os domingos de cada mes

Temática: Historia mitolóxica do contorno

A ruta supoñerá unha camiñada polo Parque escultórico que rodea a Torre de Hércules, gozando da paisaxe atlántica e a mitoloxía que encerran as estatuas situadas nas 47 hectáreas de pulmón verde que rodean o faro.

Punto de saída: Oficina de Información da Torre de Hércules

Percorrido: realizaranse paradas na escultura de Caronte, nos Menhires, no Campo da Rata e diante das obras de Hércules na nave dos argonautas, Ara Solis, do petróglifo e as de Breogán, Rosa dos Ventos e do grupo escultórico Ártabros.

Punto de finalización: Grupo escultórico Ártabros

INSCRICIÓN E NORMAS DE PARTICIPACIÓN

A quen vai dirixido? Este programa está dirixido inicialmente ao alumnado das Escolas Deportivas Municipais maior de idade e no caso de que queden prazas libres,abrirase a toda a cidadanía maior de idade.

Canto custa a actividade? A actividade é gratuíta.

Como me apunto? Cubrindo o formulario ou chamando ao teléfono 981 189 800.

Preme aquí para acceder ao formulario

Que datos necesito? Nome e apelidos, número de DNI, número de teléfono, un enderezo de correo electrónico e a EDM á que asistes no curso 2020-2021 (no caso das EDM da piscina de Riazor, indicarase a EDM no curso 2019-2020).

Cando me podo apuntar? Ábrese un prazo para as rutas de cada mes.

Como sei que podo participar na andaina? As listaxes de persoas admitidas e en lista de espera publícanse nesta mesma páxina. Ademais, o/a guía ponse en contacto coas persoas admitidas uns días antes de cada ruta.

Como se organizan os grupos? Debido á normativa vixente en materia sanitaria, os grupos serán de 6 persoas máis o/a guía ata que a situación derivada da pandemia por COVID-19 permita aumentar o número de prazas.

Normas de participación: será obrigatorio usar máscara durante toda a actividade, así como respectar as distancias de seguridade co resto de persoas participantes. Atenderase en todo momento ás indicacións do/a guía.

Ao finalizar cada andaina, as e os participantes poderán repoñer forzas coa degustación que ofrecerá Sanbrandán.

Documentos relacionados

  • Listaxe admitidos 2º prazo - Andainas Maio 2021 (22 KB)
  • Bases das andainas guiadas (231 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión