Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xuño de 2022

As persoas interesadas poderán solicitar as axudas desde o 16 de agosto ata o 16 de setembro

Aprobada unha nova liña de axudas de ata 2.000 euros para persoas autónomas e micropemes, para o mantemento e impulso da actividade económica, froito do acordo entre o goberno e a Marea Atlántica

Esta iniciativa, á que se destinarán 400.000 euros, executa un dos acordos orzamentarios subscritos entre ambas as forzas

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá unha nova liña de axudas persoas autónomas e micropemes, axudas que teñen como fin contribuír ao mantemento e impulso da actividade económica.  

Esta iniciativa executa un dos acordos orzamentarios entre Marea Atlántica e o goberno municipal, no que se pactou destinar 400.000 euros a ditas achegas, ás que poderán optar as persoas autónomas e tamén aquelas pequenas empresas que teñan menos de 10 empregados e facturen menos de 1 millón de euros ao ano. O obxectivo é axudar ao tecido económico local ante o reto de afrontar as consecuencias da pandemia e da actual situación de crise.  

A contía máxima que se concederá a cada solicitante é de 2.000 euros, que se poderán dedicar ao pagamento das cotas da Seguridade Social, mutualidades, colexios profesionais ou equivalentes.  Poderán solicitarse por vía electrónica a partir do 16 de agosto e ata o 16 de setembro, e para cursar a petición abonda con asinar unha declaración responsable, na procura dunha tramitación o máis rápida e sinxela posible.

O voceiro do goberno, José Manuel Lage destacou que "esta axuda permitirá dar un impulso aos autónomos e pequenos empresarios para afrontar a recuperación económica e pon de manifesto que o goberno local segue a estar ao lado dos emprendedores da cidade como fixo ao longo da pandemia co PRESCO" 

Para María García, voceira da Marea Atlántica, esta nova liña de axudas é "unha man tendida a  aqueles negocios locais que máis o precisan, e que son a maioría dos que traballan na Coruña, e un exemplo de que as institucións poden estar aí cando existe vontade política. Medidas coma esta poñen en valor o acordo  que fixo posible ter este ano uns orzamentos adaptados á crise que estamos a vivir".

Limpeza de edificios municipais

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local adxudicou esta mañá os 11 lotes nos que se divide o contrato de limpeza de edificios municipais. Os pregos especificaban que só podería optar un adxudicatario a cada lote, fomentando así a máxima participación e facilitando a incorporación ao servizo de pequenas compañías locais. 

A suma dos contratos ascende a unha contía de 5.532.766 euros e permitirá mellorar o servizo actual e mellorar tamén as condicións laborais das máis de 300 persoas, principalmente mulleres, que prestaban eses servizos. Ademais, os novos contratos fomentan a inclusión social, dando prioridade á contratación de persoas con algún grado de discapacidade e concienciando tamén cara o respecto ao medio ambiente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión