Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de marzo de 2021

Aprobadas as bases para confeccionar o calendario das competicións e eventos deportivos do 2021

Para elaborar a dita axenda necesítase coñecer as planificacións dos clubs e entidades privadas da cidade

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, pretende confeccionar e aprobar provisionalmente un Calendario Oficial de competicións e eventos deportivos para desenvolvérense na cidade da Coruña co fin de realizar unha previsión das competicións e eventos deportivos que sexa posible realizar en 2021. Dependerase sempre da situación sanitaria e o estrito cumprimento das normas que establezan as autoridades sanitarias e os protocolos de prevención Covid-19 fixados polas respectivas federacións de ámbito estatal e autonómico para cada unha das modalidades deportivas.

Para elaborar o dito calendario necesítase coñecer as planificacións dos eventos deportivos por parte dos clubs e entidades privadas.

A convocatoria está dirixida a asociacións, clubs, federacións, fundacións e demais entidades deportivas sen ánimo de lucro, legalmente constituídas como tales e inscritas no rexistro correspondente.

No Calendario Oficial incluirase programación propia do servizo de Deportes e actividades privadas que requiren autorización previa para seren realizadas, ben porque se desenvolven na rúa ou ben porque se nos vai solicitar o uso dalgunha instalación deportiva municipal.

En ningún caso a inclusión dos eventos deportivos no Calendario Oficial dará lugar á cesión gratuíta dos espazos para o seu desenvolvemento nin implicará ningún tipo de colaboración económica por parte do servizo de Deportes.

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES

Será ata o 30 de marzo. O prazo poderá prorrogarse, se así o considera o Servizo Municipal de Deportes.

https://www.coruna.gal/deportes/gl/tramites/eventos-deportivos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión