12 de febreiro de 2025
Do 13 de febreiro ao 9 de marzo, 32 establecementos ofrecerán menús especiais de lacón con grelos, un dos pratos estrela da cociña galega
A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, presentou esta mañá a décima edición das 'Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos', máis coñecidas como Lacónicas, unha das citas culinarias máis importantes da cidade. "O Goberno de Inés Rey segue fomentando este tipo de iniciativas que poñen en valor o produto local e a excelente materia prima galega, ademais de ser unha oportunidade de seguir revitalizando a hostalería da cidade", apuntou a concelleira.
O acto de presentación tivo lugar nun dos restaurantes participantes nesta edición: La.Con.Fusión. Asistiron diferentes persoas responsables dos establecementos hostaleiros que participarán nesta edición. "Na Coruña amosamos constantemente que a nosa oferta gastronómica é de primeirísimo nivel e desde o Goberno de Inés Rey queremos fomentar os pratos de temporada con iniciativas coma esta", indicou Diana Cabanas.
Este ano, un total de 32 establecementos ofrecerán do 13 de febreiro ao 9 de marzo menús especiais de lacón con grelos, un dos pratos estrela da cociña galega. Todos eles estarán principalmente elaborados con produtos de proximidade e de quilómetro cero. Cada menú estará conformado por un primeiro (sopa ou similar), un prato principal (laconada) e unha sobremesa clásica (filloas e/ou orellas), ademais de incluír bebida (auga/refrescos/cervexa/adega de denominación de orixe galega) e café (opcional). O prezo das propostas oscilará entre os 20 e os 40 euros por persoa. Cabe destacar que hai establecementos que ofrecen menús para grupos, con recollida no local ou mesmo con envío a domicilio.
Restaurantes participantes
Nesta décima edición participan: A fuego lento, A taberna de Cunqueiro, Arraigo, Asador Coruña, Bar Ciudad, Bodega Órdenes, Central Park, Cícero, Cinema's, Cosecha81, El 46, El Invernadero, Galiur, Restaurante Ábrego, La Marola, La pérgola de oído cocina, La Tabarra, La Tribu, La.Con.Fusion, Lois, Mahara Taberna Rock, Marea Baja, Mesón de Herves, Miña Nai, Restaurante Eira, Restaurante Hünico, Restaurante Morriña, Rincón del Reino, Taberna O Freixo, Vermutería Chitín, Vermutería Martínez, Yebra Gastrobar.
23 de marzo de 2025
21 de marzo de 2025
7 de marzo de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible