Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de novembro de 2022

As asociacións veciñais da Coruña e a área metropolitana premian a Inés Rey polo seu traballo a prol do tecido asociativo

A alcaldesa foi homenaxeada en Lugo pola Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, no contexto dos premios que outorga a Confederación Galega de Asociacións Veciñais

A alcaldesa, Inés Rey, foi homenaxeada este sábado en Lugo no contexto da novena edición dos Premios Cogave, que outorga a Confederación Galega de Asociacións Veciñais co obxectivo de poñer en valor a colaboración entre as Administracións públicas, entidades privadas e o tecido asociativo para traballar pola veciñanza.

Nesta novena edición dos premios Cogave, promovida baixo o lema 'Crer no movemento veciñal', a rexedora recibiu o galardón de mans de María Luisa Varela Ínsua, presidenta da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, acompañada de Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña.

Durante a súa intervención, e acompañada pola concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, Yoya Neira, Inés Rey resaltou "o traballo diario que, desde as Administracións públicas e, moi en concreto, as municipais, se pode levar a cabo co obxectivo de tender pontes coa veciñanza". A alcaldesa salientou, ademais, "a importancia das novas tecnoloxías para establecer canles de comunicación directa coa cidadanía", mais lembrou que "é a capacidade de escoita a pé de rúa o que nos axuda a ter unha perspectiva real dos avances e necesidades nos barrios". Para isto, continuou, "o tecido asociativo é clave para traballar con vistas a unha mellora na calidade de vida da cidadanía".

Neste sentido, Inés Rey subliñou os avances experimentados na cidade durante o vixente mandato: "Estamos a impulsar un modelo de cidade máis aberto, accesible e humano, con prioridade para as persoas, a mobilidade sostible e a recuperación progresiva de espazos públicos, como as que estamos a executar a través das peonalizacións, pero tamén coa apertura dos peiraos, onde paso a paso traballamos para abrir o bordo litoral para o gozo das veciñas e veciños".

No acto de entrega de premios, presidido por Fernando Rois, máximo dirixente da Confederación Galega de Asociacións Veciñais, tamén se homenaxeou ás seguintes persoas e entidades:

  • Por parte da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana
    • Inés Rey García, alcaldesa da Coruña
    • Fundación Meniños.
  • Por parte da Federación de Asociacións Veciñais 'Lucus Augusti', da provincia de Lugo
    • Carlos González Juanatey, xefe de cardioloxía do HULA. 
    • O C.D. Lugo e o seu presidente, Constantino Saqués Pereira.
  • Por parte da Federación de Asociacións Veciñais 'Limiar', da provincia de Ourense
    • Comedor Social de Cáritas Diocesana de Ourense. 
    • Asociación Diabética Auria.
  • Por parte da Federación de Asociacións Veciñais 'Eduardo Chao', de Vigo
    • Natalia Prieto Viso, directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.
    • Horacio Gil Expósito, alcalde de Arbo.
  • Por parte de la Federación de Asociacións Veciñais 'Roi Xordo', de Ferrol
    • Rafael Pillado Lista, histórico político e activista ferrolán. 
    • Protección Civil de Ferrol. 

Además, fíxose entrega dos premios Cogave, a escala galega, a Jesús Vázquez Almuiña, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo; Carlos Varela García, ex-Fiscal Superior de Galicia; e tamén se emitiu un recoñecemento á Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión