Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de decembro de 2022

As Bibliotecas Municipais da Coruña amplían a súa oferta gratuíta de cursos de español para persoas estranxeiras

As clases terán lugar na Sagrada Familia e no Ágora

O Concello da Coruña ampliará a súa oferta de cursos de español para persoas estranxeiras que se desenvolven a través do servizo municipal de Bibliotecas. Hai xa dúas décadas que se imparten estas clases de forma gratuíta na biblioteca da Sagrada Familia, situada nun dos barrios da Coruña onde se concentra máis poboación migrante. Dada a súa alta demanda, actualmente hai dous grupos formados de distinto nivel, un para as persoas sen ningún coñecemento previo do idioma ou non alfabetizadas e outro para aquelas persoas con coñecementos básicos ou alfabetizadas.

O obxectivo, en ambos os casos, é que as persoas destinatarias poidan desenvolverse con maior autonomía no seu día a día na cidade e tamén no eido laboral, o que se enmarca no compromiso e misión das bibliotecas co diálogo intercultural e a diversidade cultural, co acceso de toda a cidadanía á información comunitaria, e coa alfabetización destinada a todos os grupos sociais, ademais de dar a coñecer o resto de servizos das bibliotecas.

Xa que a demanda deste tipo de cursos non deixa de medrar, o ano pasado decidíronse ofertar tamén na biblioteca do Ágora, decisión que o Goberno de Inés Rey apoia coa licitación do servizo nos dous espazos bibliotecarios, a través da que se incorporarán docentes de español que se encargarán non só de proporcionar os coñecementos lingüísticos precisos ao alumnado senón tamén de favorecer a súa comprensión da cultura galega e española para entender a sociedade na que convivimos.

Os cursos de español para persoas estranxeiras, como a maioría dos programas desenvolvidos desde as bibliotecas, inician e rematan co curso escolar (de setembro a xuño), e as clases teñen unha periodicidade bisemanal (dous días á semana), en horario de tarde, e unha duración de unha hora por clase. As prazas son limitadas (máximo 20 persoas por grupo), e na Sagrada Familia, co curso xa en marcha, hai listaxe de agarda.

Para este novo curso de español para persoas estranxeiras na Biblioteca Ágora, está previsto abrir a inscrición, que se fará de forma presencial no mostrador do centro, cando se resolva a licitación co novo ano. Igual que ocorre na biblioteca da Sagrada Familia, o persoal docente asignará ás persoas inscritas na biblioteca do Ágora a un dos dous grupos que se ofertarán dependendo do seu nivel de coñecemento de español. Póidese consultar máis informació na seguinte ligazón: Curso de español para estranxeiros (coruna.gal)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión