Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de febreiro de 2022

As entradas para o concerto de Camilo na Coruña sairán á venda o luns 7 de febreiro

O artista internacional actuará no Coliseum o 21 de xullo na súa única data do ano en Galicia

As entradas para o concerto que Camilo ofrecerá no Coliseum da Coruña o próximo xoves 21 de xullo sairán á venda o luns 7 de febreiro. Os billetes, como é habitual, estarán dispoñibles a través de Internet (en Ataquilla e El Corte Inglés) e no despacho de billetes da praza de Ourense a partir das 12.00 horas.

O intérprete, compositor, músico e produtor colombiano estará na cidade na súa única actuación en Galicia no 2022. Camilo gañou o Grammy latino 2020 e estivo nominado ao Grammy 2021. Trátase dunha referencia internacional que conta con máis de cinco billóns de reproducións en todas as plataformas dixitais arredor do mundo. Ademais, é o artista latino con maior número de seguidores en TikTok: 21,6 millóns.

O Coliseum da Coruña afronta un ano 2022 cargado de eventos. Cabe destacar, entre outros, a actuación de C. Tangana o 26 de febreiro, nunha das poucas datas do artista en España. Tamén regresarán ao recinto grandes nomes da música nacional como Fito & Fitipaldis (18 e 19 de marzo), Leiva (30 de abril, Joan Manuel Serrat (8 de xullo), Malú (17 de setembro) ou Melendi (22 de outubro). Completan a oferta Van Morrison (31 de marzo), Il Divo (15 de xullo) e o Resurrection Day (8 de outubro).

No ano 2021, con 24 eventos executados e un total de 26 funcións, o balance de asistencia foi de 37.696 usuarias e usuarios, o que supuxo unha media de 1.571 asistentes por evento e unha porcentaxe de ocupación media do 82,6 % da capacidade. Este dato reflicte a interese do público pola actividade programada, así como a elevada fidelidade coa actividade do recinto, ante moi diferentes casuísticas sanitarias.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión