Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de marzo de 2021

As escolas infantís municipais ofrecen 410 novas prazas con maior puntuación por dous irmáns e a ampliación á familias de bebés en xestación

O prazo para solicitar unha vacante abrirase desde este luns ao 30 de marzo e as nais/pais e titoras/es poderán visitar virtualmente os centros a través da ligazón https://edu.coruna.gal/visitas/EIM.html e coñecelos por dentro

A Concellería de Educación informa de que tras rematar o período de reserva de prazas para pequenas e pequenos que xa cursaron este ano nas Escolas Infantís Municipais, quedan un total de 410 vacantes para novos ingresos repartidas entre os nove centros. Deste xeito, o Concello abrirá o prazo desde este luns até o 30 de marzo para presentar as solicitudes co fin de completar a capacidade de toda a rede. Por idades, para os bebés de cero a un ano, hai 124 prazas aínda por cubrir, mentres que existen 187 vacantes para as/os cativas/os que teñen entre un e dous anos. Por último, quedan 99 prazas para nenas/os de entre dous a tres anos. Como novidade, neste curso poderán optar a praza as familias de bebés en proceso de xestación e darase puntuación extra por matricularen a dous irmáns.

A prioridade do Goberno de Inés Rey é apostar por unha educación igualitaria en que se favoreza a conciliación das familias e que estas teñan tempo para se organizaren. Neste aspecto, o Concello cambiou este ano as bases de admisión ás escolas infantís municipais co fin de acelerar o proceso, o que permitirá publicar a listaxe definitiva de alumnas/os catro meses antes que en 2020. En abril está previsto que saian as listaxes de admitidas/os.

Canto aos novos ingresos, estes serán de carácter preferente cando correspondan a fillas/os que prestan servizos na escola solicitada, teñan unha irmá ou irmán nela ou respondan ás consideradas como de urxencia social. Para demandar praza de carácter ordinaria, as e os proxenitores terán que estaren empadroados na Coruña antes do 1 de xaneiro deste ano e poderán optar por dúas escolas por orde de prioridade. Pola súa parte, as e os menores ao cargo deberán ter cumpridos os tres meses o 1 de setembro ou ben non chegar aos tres anos o 31 de decembro, unha cuestión que se poderá flexibilizar en caso de seren nenas/os con NEAE susceptibles de integración. Os baremos para admitir as e os pequenos dependerán da situación socioeconómica, económica e sociolaboral das familias. A gratuidade da súa escolarización consistirá en seis horas diarias de atención educativa que incluirán o servizo de orientación.

ITINERARIOS DIXITAIS

Doutra banda, desde a Concellería de Educación se ofrecen itinerarios en 3D de todos os centros infantís municipais e tamén dos CEIP para lles ofrecer aos pais/nais ou titoras/es visitas virtuais en liña coas que coñeceren por dentro as instalacións. Para as persoas interesadas en se adentrar nas escolas infantís, está a ligazón https://edu.coruna.gal/visitas/EIM.html. No caso dos CEIP, a través de https://edu.coruna.gal/visitas/CEIP.html, as persoas interesadas poderán ver fotos en 360 graos.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión