Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de agosto de 2024

As Festas de María Pita reúnen este martes a Modestia Aparte, Los Toreros Muertos, Amistades Peligrosas ou OBK

O Festival Locos pola Música comezará ás 20.30 horas

As Noites de María Pita acollerán este martes unha nova edición do festival Locos pola Música, un certame que reúne cada ano a diferentes formacións musicais da década dos anos oitenta. O Goberno de Inés Rey, dentro da programación das Festas de María Pita, configurou actuacións musicais para todo tipo de públicos e idades.

Nesta edición do certame actuarán na praza de María Pita, a partir das 20.30 horas, os grupos Modestia Aparte, Los Toreros Muertos, Amistades Peligrosas, OBK, Un Pingüino en mi Ascensor e Hechizo (Homenaje a Héroes del Silencio). O público poderá rememorar grandes clásicos da música nacional como 'Como te mueves', 'Mi aguita amarilla' o 'Historias de amor'.

Horarios

  • 20.30: Hechizo
  • 21.10: Un Pingüino en mi Ascensor
  • 22.00: Los Toreros Muertos
  • 22.55: Amistades Peligrosas
  • 23.50: Modestia Aparte
  • 00.40: OBK

A celebración do festival Locos pola Música pechará a primeira etapa das noites de María Pita, que acolleron desde o día 1 de agosto os concertos de Kate Ryan, Mocedades, Los Panchos, Los Planetas, Rock en Familia e Omar Montes. Agora, haberá unha pausa pola celebración do Festival Noroeste Estrella Galicia e pecharán esta sección das Festas de María Pita La Plazuela, Ariel Rot e Budiño.

Servizo especial de transporte

Como é habitual, o Concello activou desde este xoves 1 de agosto un dispositivo especial de mobilidade de cara ás Festas de María Pita. Un servizo que implica un reforzo nas liñas de autobús operativas á finalización dos concertos. O obxectivo é favorecer o desprazamento dos cidadáns aos concertos que se celebrarán na praza de María Pita desde mañá.

Este dispositivo, con saídas centralizadas desde Porta Real, estará habilitado os días de concertos de Noites en María Pita, entre o 1 e o 14 de agosto, sempre a partir das 23.30 horas agás  este martes 6, cando se disporá dito reforzo a partir das 1.30 horas, á conclusión do evento. As liñas nas que está previsto un reforzo do servizo son as seguintes:

  • Liña 1, con cobertura ás zonas da Palloza, A Gaiteira, Os Castros, O Castrillón e a avenida de Monelos.
  • Liña 1-A, con cobertura ás zonas de Catro Camiños, a avenida Salvador de Madariaga, Matogrande e Eirís.
  • Liña 3-A, con cobertura ás zonas de Labañou e Os Rosales.
  • Liña 6, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, praza de Pontevedra, avenida de Fisterra, O Ventorrillo e Meicende.
  • Liña 7, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, O Peruleiro, rolda de Outeiro, O Ventorrillo e Vila de Negreira.
  • Liña 11, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, praza de Pontevedra, Juan Flórez, Pla e Cancela e Os Mallos.
  • Liña 21, con cobertura ás zonas de Ramón y Cajal, Pablo Picasso, O Birloque e Novo Mesoiro.

Ademais, todos os días, e xa a partir das 1.30 horas, estará en funcionamento o servizo nocturno de autobús no sentido de circulación habitual: Labañou - Rolda de Outeiro - O Birloque - Novo Mesoiro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión