Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de setembro de 2026

As festas de San Vicente de Elviña e o Flores Rock protagonizarán a programación festiva da primeira fin de semana de setembro na Coruña

Elviña celebrará as súas tradicionais festas populares mentres o Barrio das Flores acollerá a décima edición dun dos festivais musicais de referencia da cidade

A Coruña vivirá unha intensa fin de semana de actividade cultural e festiva coa celebración das festas de San Vicente de Elviña e dunha nova edición do Flores Rock, dúas propostas moi diferentes pero que comparten o protagonismo da programación festiva destes días en distintos barrios da cidade. 

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou a importancia deste tipo de iniciativas para dinamizar a vida cultural da Coruña. "Esta fin de semana convivirán dous modelos de celebración complementarios: por unha banda, unha das festas tradicionais máis arraigadas dos nosos barrios e, pola outra, un festival musical que se converteu nun referente cultural máis alá da cidade. Ambos os dous eventos, promovidos e impulsados desde o Goberno de Inés Rey, contribúen a facer da Coruña unha cidade viva e con actividade cultural durante todo o ano", sinalou.

Con ambas propostas, o Concello continúa impulsando unha programación cultural descentralizada e diversa, capaz de combinar tradición popular, música en directo e participación cidadá en distintos puntos da cidade.

San Vicente de Elviña

As festas de San Vicente de Elviña celebraranse os días 5 e 6 de setembro cun amplo programa de actividades organizado pola veciñanza e apoiado polo Concello da Coruña. "Estas celebracións representan o espírito das festas populares coruñesas e o extraordinario traballo que realizan as asociacións veciñais para manter vivas as tradicións dos nosos barrios", destacou Castro.

A programación do sábado incluirá o pasarrúas de Son d'Aquí, o pregón a cargo de Carla Mosquera Jove, subcampioa mundial veterana de judo, sesión vermú co Grupo Talismán, comida popular, actividades infantís, actuacións musicais e verbena nocturna. A xornada contará tamén coa participación de Fernando Pujalte "Lilicleta", o Grupo de Musicoterapia de Palavea e o dúo formado por José Ciller e Cristina.

O domingo abrirase coa actuación da Banda Municipal de Música da Coruña, seguida da misa e procesión acompañada polo grupo Aturuxo. A programación continuarase cunha sesión vermú a cargo de El Corta, festa da escuma e actuacións de José Brea, do dúo Erik Hidalgo e Jedhil e do grupo Los Platinos, encargado de pechar as festas.

O décimo aniversario do Flores Rock

Ao mesmo tempo, o Flores Rock celebrará o seu décimo aniversario cunha edición especial que se desenvolverá entre os días 4 e 6 de setembro no Barrio das Flores. O festival, impulsado pola Plataforma Veciñal do Barrio das Flores e apoiado polo Concello, consolidouse como unha das principais citas da música rock e metal en Galicia. 

"Falamos dun proxecto que naceu desde o propio barrio e que foi medrando apoiado polo Goberno de Inés Rey ata converterse nun festival recoñecido dentro e fóra da Coruña. É un exemplo de como a cultura pode transformar e dinamizar os espazos urbanos desde a participación veciñal", indicou o concelleiro. 

Nesta edición actuarán grupos como Kaos Urbano, Non Servium, Dakidarría, Angelus Apatrida, The Lizards, Moonshine Wagon, Lamatumbá, Onza ou Mar de Fondo, entre outros. O programa inclúe ademais o espazo familiar Flores Kids, o Mercado do Flores, actividades infantís, gastronomía e a tradicional aposta polo talento emerxente a través das bandas participantes na Batalla de Bandas. 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión