Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de agosto de 2020

As obras da rolda de Nelle rematan este mes co asfaltado e a incorporación dun novo tramo de carril bici

As peoas e os peóns terán un maior protagonismo na zona tras a ampliación de beirarrúas, que contarán con novo mobiliario urbano para o lecer e mais con vexetación

O concello rematará a finais deste mes as obras do viaduto e a adecuación da rolda de Nelle, no tramo que vai da rúa Aaiún á de San Sebastián. Na última semana de agosto, realizaranse os traballos de asfaltado e de sinalización horizontal, así como o recrecido das tapas dos pozos. Ademais, instalarase máis mobiliario urbano, en concreto, papeleiras e catro aros de aparcabicis, que lles darán cobertura ás e aos ciclistas na praza de San Sebastián, unha cuestión prioritaria para a alcaldesa, Inés Rey, que aposta pola creación de espazos públicos de convivencia en todos os barrios da cidade nesa progresión en que a mobilidade branda acadará un maior protagonismo e a redución do tráfico rodado será unha realidade. Por outro lado, co pintado establecerase un novo tramo reservado a carril bici e que sumará máis de 200 metros a un total de máis de 30 Km, en que as persoas que circulan sobre dúas rodas teñen as máximas garantías de seguridade.

A actuación, que comezou o 27 de xaneiro, sufriu un parón de varias semanas por mor do estado de alarma e unha ralentización propia da inactividade propiciada por ese momento. Aínda así, entregarase dentro do prazo máximo estipulado de 12 meses. Con ela, vaise mellorar considerablemente a mobilidade na zona, xa que as beirarrúas son máis amplas e contan con vexetación. A rolda de Nelle estreará así elementos de mobiliario que até o de agora non tiña e a renovación do trazado inclúe tamén a ampliación da parada de bus. A obra foi adxudicada por 1.035.551,38 euros a Arias Infraestructuras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión