Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de febreiro de 2021

As seis Administracións convocadas acudirán á chamada de Inés Rey para debater sobre o futuro do porto

A alcaldesa, chamou a retomar a senda do diálogo para poder abrir os peiraos á cidadanía a través dun proxecto emblemático e consensuado

"Todas as administracións que foron convocadas á reunión sobre o futuro dos peiraos confirmaron a súa asistencia", explicou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, quen agradeceu a "receptividade para poñérmonos a traballar xuntos nun asunto de especial transcendencia para o futuro desta cidade e das vindeiras xeneracións". Rey valorou a reunión convocada para o vindeiro 23 de febreiro coa Xunta, Portos do Estado, Autoridade Portuaria, Deputación, ADIF e o Ministerio de Transportes como un dos feitos que exemplifican a recuperación do diálogo no actual mandato, coa "imaxe de todas as administracións sentadas á mesa para traballar polo futuro da cidade".

A rexedora sinalou que o Goberno local defende desde o primeiro momento a condonación da débeda da Autoridade Portuaria por parte do Estado. Rey lembrou que a condonación "non é unha tarefa fácil", pero considerou tamén que acadar ese obxectivo "non é imposible dentro da senda do diálogo institucional e da cooperación entre administracións. A reunión do vindeiro día 23 enmárcase dentro desa liña de diálogo "As administracións de todas as cores políticas estamos a traballar man a man e somos quen de sentar a falar, un achegamento que a cidadanía esixe, percibe e valora", indicou a rexedora coruñesa.

Inés Rey destacou a oportunidade histórica que se abre para a cidade coa liberación dos peiraos interiores, un espazo que a cidade ten que recuperar e incoporar de xeito armónico na malla urbana e que servirá, entre outras cousas, para ampliar os espazos verdes e de equipamentos públicos, tan necesarios no centro da cidade, e  para solventar os problemas actuais de mobilidade.

A intención do Goberno local é crear novos espazos públicos na contorna e apostar por unha sustentabilidade tanto ambiental, en todas as intervencións que se realicen nos terreos portuarios, como social e económica, nas actividades produtivas e non produtivas localizadas alí. Todo elo mediante unha intervención especialmente coidadosa, acorde á relevancia dun lugar tan emblemático, chamado a se converter na nova fachada marítima da cidade.

Rey afirma que na reunión deberanse abordar cuestións tan relevantes  como a reordenación do terreo portuario, a conexión ferroviaria a Punta Langosteira e a apertura progresiva dos peiraos á cidadanía.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión