Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de julio de 2022

As traiñeiras volven á enseada da Orzán na primeira xornada de disputa polo trofeo Bandeira Cidade da Coruña

Este domingo terá lugar a segunda tanda, que decidirá que dúas embarcacións sairán vencedoras na terceira e cuarta xornada dos calendarios da Eusko Label Liga e a Euskotren Liga de traiñeiras

A alta competición de traiñeiras regresou este sábado á cidade, no contexto da disputa polo trofeo Bandeira da Cidade da Coruña, correspondente á terceira e cuarta xornada dos calendarios da Eusko Label Liga e a Euskotren Liga de traiñeiras.

Hoxe tivo lugar a primeira das tandas desta dobre xornada, coa enseada do Orzán como campo-regata. Centos de persoas achegáronse á contorna do Paseo Marítimo para asistir á cita coas traiñeiras, que comezou ás 18.00 horas, cando as catro tripulacións da Euskotren Liga deron o pistoletazo de saída á loita pola V Bandeira Cidade da Coruña. Tras esta primeira xornada, a embarcación de Orio Orialki (11:00,26) encabeza a clasificación, seguida por Donostia Arraun Lagunak (11:07,34), o Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100 (11:11,86) e Tolosaldea Arraun Kluba (11:15,16).​

Xa a continuación, tivo lugar a quenda de competición das tripulacións masculinas, coa posta en xogo da VI Bandeira Cidade da Coruña. Neste sentido, e tras esta primeira xornada, lidera a táboa a embarcación de Bermeo Urdaibai (20:17,26), seguida por Orio Orialki (20:24,70), Matrix Hondarribia (20:27,90), Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 (20:32,72), Getaria (20:40,62), Lekittarra Elecnor (20:46,80), o Club de Remo de Ares (20:48,14), Kaiku Berez Galanta (20:49,40), Zierbena Bahias de Bizkaia (20:51,92), Ondarroa Cikautxo (20:52,08), Itsasoko Ama-Sotera (20:52,90) e o Club de Remo de Cabo de Cruz (21.00,18).

Xa este domingo, na segunda e última xornada da fin de semana, comezará a pugna final pola V Bandeira Cidade da Coruña da Euskotren Liga, que se porá en marcha ás 11.40 horas. Tras os festexos da victoria do equipo gañador, será o turno dos equipos da Eusko Label Liga, que decidirá ao vencedor da VI Bandeira Cidade da Coruña e, en consecuencia, o gañador da terceira bandeira desta tempada na competición. En ámbolos casos, será a suma dos tempos nas dúas xornadas o que decidirá a clasificación final.​

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión