Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de novembro de 2022

As tres 'grandes' de 2023 xa teñen data

Coruña 21 será en febreiro, Coruña 10 correrase en abril e Coruña 42, en outubro

O calendario atlético coruñés xa ten as datas reservadas para as tres probas 'grandes' que organizan en 2023 o Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo: Coruña 42, Coruña 21 e Coruña 10.

A que abrirá a tempada será o medio maratón, a carreira C21, que chega á súa décimo quinta edición e que se realizará o 12 de febreiro.

Dous meses despois será a quenda da máis popular de todas, a C10. En concreto, citará a miles de deportistas nas rúas da cidade herculina o 23 de abril coa súa décimo sétima edición, a unha de cumprir a maioría de idade.

Co verán de 2023 por medio, no outono volverá o maratón atlántica, a carreira C42, que ten data reservada para o 8 de outubro. No seu caso, será a décima edición.

Así que xa sabes, empeza a planificar os teus adestramentos e programa o teu calendario de 2023 para poder chegar á meta (ser finisher) nas tres 'grandes' do atletismo coruñés.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión