Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de abril de 2020

Así se deben utilizar as máscaras para previr contaxios por coronavirus

É importante manter a distancia social de seguridade ao acceder a espazos concorridos como os mercados

Os Mercados Coruñeses explican como se deben usar correctamente as máscaras para acceder a espazos ou lugares concorridos nos que manter a distancia social de seguridade pode ser máis complicado:

  1. A máscara debe estar colocada correctamente en todo momento. Non se retira nin para falar nin para tusir ou esbirrar.
  2. A máscara debe cubrir o nariz e a boca.
  3. Non se debe tocar a máscara nin introducir os dedos interiormente.
  4. A máscara débese retirar polas gomas e evitar tocar o tecido.
  5. Entre cada uso, debe airearse ou hixienizar.
  6. Sempre se usará polo mesmo lado.

Lémbrase ademais que, para evitar contaxios por coronavirus, débense lavar reiteradamente as mans e manter a distancia social de seguridade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión