Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xaneiro de 2023

Bach e Edvard Grieg, protagonistas do concerto de Reis que interpretará este mércores a Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia no Teatro Colón

Máis de 80 rapazas e rapaces, en idades comprendidas entre os 6 e 15 anos, versionarán pezas de grandes autores, baixo a dirección de Jorge Montes e Enrique Iglesias

O Teatro Colón abre mañá as súas portas ao concerto de Reis da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia, no que 83 rapazas e rapaces pertencentes á agrupación interpretarán seis pezas musicais, entre as que se inclúen clásicos de grandes autores como Johann Sebastian Bach e Edvard Grieg.

A actuación, que comezará ás 19.00 horas, estará dividida en dúas quendas. A primeira, coa saída ao escenario do Grupo Pizzicato, que inclúe a rapazada de menor idade de entre todos os nenos e nenas pertencentes á Orquestra Infantil. Os máis pequenos, co director Enrique Iglesias na batuta, versionarán as seguintes obras:

  • Soós András: Música de Nadal para a Orquestra Infantil de corda.
  • Johann Sebastian Bach: Coral nº 5.
  • Georg Muffat: Florilegium Primum Suite nº 1, 'Eusebia'.

Ademais, o concerto inclúe a actuación do Grupo Arcos, no que toman parte as rapazas e rapaces de máis idade da Orquestra Infantil da OSG. Dirixidos por Jorge Montes, os músicos do Grupo Arcos interpretarán as seguintes pezas:

  • Edward Elgar: Elexía para corda, op. 58.
  • Edvard Grieg: Dúas melodías elexíacas, op 84.
  • Christoph Willibald Gluck: Sinfonía en sol maior.

As entradas para asistir ao concerto xa están á venda e dispoñibles a través da páxina web de Ataquilla. O custo dos pases é de 5 euros.

As orixes da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia

A agrupación infantil da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) ten máis dunha década de percorrido. Está formada por un total de 83 nenos e nenas, en idades comprendidas entre os 6 e 15 anos e que conforman o viveiro da Sinfónica de Galicia. Ao igual que neste concerto previsto mañá no Teatro Colón, a Orquestra Infantil da OSG ofreceu a primeira actuación da súa traxectoria baixo a dirección de Jorge Montes e Enrique Iglesias Precedo. Foi en abril do ano 2011, cun concerto aberto ao público e que tivo lugar na cidade.

O concerto de Reis da Orquestra Infantil da OSG xa é un clásico do calendario de Nadal na Coruña, celebrándose o día 4 de xaneiro desde hai cinco anos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión