Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de setembro de 2020

Benestar Social agradece a solidariedade que amosaron as entidades durante a pandemia

As concelleiras Yoya Neira e Diana Sobral asistiron esta mañá á presentación do libro “Los peques a la mesa”, unha iniciativa de Cruz Vermella e Vegalsa-Eroski

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, agradeceu o labor e a solidariedade das entidades e empresas durante a pandemia, xa que "cando un cre no que fai, ao final pode transformar a sociedade" e lembrou que a solidariedade das e dos coruñeses, cando máis de 500 persoas levantaron a man ao chamamento do concello, permitiulle ao Goberno local repartir máis de 40.000 menús a nenas/os en situación de risco social durante os meses de confinamento.

Neira realizou estas declaracións no acto de presentación do libro "Los peques a la mesa", ao que asistiu coa concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Sobral. Trátase dunha iniciativa conxunta desenvolta por Cruz Vermella e Vegalsa-Eroski cuxa finalidade é proporcionarlles ás familias con menores receitas saudables con produtos de tempada e de proximidade, a prezos asequibles. O diñeiro recadado coa venda do receitario destinarase ao proxecto de Promoción do Éxito Escolar para nenas e nenos da entidade social.

Ambas as concelleiras felicitaron as persoas responsables por unha iniciativa que, ademais de inculcar hábitos de comida saudable, permitirá ofrecerlles ás e aos menores en risco de exclusión social un reforzo educativo durante o curso. "Unha iniciativa que nos achega a unha sociedade máis xusta" , manifestou Neira.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión