Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de febreiro de 2020

Benestar Social comeza unha actividade de cociña gratuíta interxeracional

A primeira cita celebrouse hoxe no centro cívico do Castrillón, onde pequenas e pequenos elaboraron filloas e orellas coas persoas maiores que lles ensinaron as receitas de manera voluntaria

No centro cívico do Castrillón comezou hoxe "Cociña cos teus maiores", unha actividade gratuíta que vai rotar polos distintos edificios municipais da cidade e que abordará o receitario en función da época do ano na que se celebre, de xeito que se organizará naquelas nas que haxa algún tipo de gastronomía típica para que as persoas maiores lles ensinen aos pequenos e pequenas de xeito voluntario os segredos da cociña máis tradicional.

A primeira cita xirou en torno ao Entroido coa elaboración de filloas e orellas entre a rapazada e as persoas maiores que se achegaron ao centro. Desde Benestar Social están programadas outras máis coincidindo coa Semana Santa e o Nadal.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión