Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de febreiro de 2020

Benestar Social presenta a Rede educativa de apoio LGBTIQ+ de Galicia

A concelleira Yoya Neira abordará mañá, ás 18.00 horas, no centro cívico da Cidade Vella a importancia dunha iniciativa que conta con máis de 130 docentes de Primaria e Secundaria de toda a comunidade autónoma

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, presentará mañá, ás 18.00 horas, no centro cívico da Cidade Vella a Rede educativa de apoio LGBTIQ+ de Galicia, que conta con máis de 130 docentes dos ciclos de Primaria e Secundaria de toda a comunidade autónoma. Organizado polo Espazo Municipal das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero, no acto falarase da defensa da diversidade afectivo-sexual nas aulas e dos recursos e actividades desta iniciativa educativa pioneira no Estado.

Co obxectivo de combater os prexuízos existentes por cuestións de orientación sexual, xénero e identidade de xénero e que constitúen a base de condutas discriminatorias que poden culminar en situacións de violencia de xénero, acoso escolar e delitos de odio, viñéronse creando nos últimos anos Equipos de apoio LGBT en diferentes centros de ensino de Galicia. Na Coruña hainos concretamente no IES Eusebio da Guarda, no Agra do Orzán e no CCP colexio Andaina.

A Rede dispón dun banco de boas prácticas educativas en diversidade afectivo sexual, diferentes unidades didácticas, recursos bibliográficos, audiovisuais e recursos online para compartir co resto do profesorado tanto experiencias como recursos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión