Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de octubre de 2022

BiciCoruña estende o seu horario de sete da mañá á unha da madrugada para dar un mellor servizo a máis de 5.000 usuarios

O Concello ten previsto ampliar a frota de bici eléctricas con 92 novos vehículos xa adxudicados

Desde este luns, 17 de outubro, o servizo municipal de BiciCoruña ampliará de forma permanente o seu horario de actividade, desde as sete da mañá e ata a unha da madrugada. 

O Goberno de Inés Rey adoptou esta decisión tras promover, o pasado mes de agosto, unha proba piloto que, coincidindo coas Festas de María Pita, serviu para testar a ampliación do horario nocturno co obxectivo de facilitar o regreso das persoas usuarias aos seus domicilios. A amplición do servizo tivo moi boa acollida, polo que desde ahora ese horario será permanente. Ademais, para facilitar os desprazamentos laborais a primeira hora da mañá, o servizo comezará a funcionar media hora antes, ás sete da mañá.

Desta forma, o servizo gaña ata tres horas de tempo efectivo en termos de dispoñibilidade (media hora pola mañá, e dúas horas e media pola noite).

A alcaldesa, Inés Rey, valorou esta medida "pola marxe de manobra que lles permite ás persoas usuarias nos seus desprazamentos diarios" e "porque reafirma a nosa aposta por impulsar a mobilidade sostible na cidade". A rexedora subliñou, ademais, a consecución do obxectivo marcado polo Goberno municipal de cara a este ano no referente á BiciCoruña: chegar ás 5.000 usuarias en decembro. "E esta cifra xa se superou durante este mes de outubro, dous meses antes do previsto", recalcou Inés Rey. A intención coa ampliación, indicou a alcaldesa, é contribuír a que BiciCoruña se reforce como alternativa útil e real ao transporte en vehículo privado.

O incremento de usos diarios tras a posta en marcha do novo servizo

Actualmente, o servizo municipal de BiciCoruña conta cun total de 5.191 usuarios activos, 2.133 máis que os computados cando se puxo en marcha o novo servizo, o día 12 de xullo.

Neste sentido, o incremento de usos diarios da frota de vehículos tamén se traduce en datos. Actualmente, supéranse os 2.000 usos practicamente a diario e o pasado mes de setembro rexistráronse un total de 47.931 usos, máis do dobre que os computados ao mesmo período correspondente ao ano 2019 (20.976 usos).

Xa no pasado mes de agosto, na tempada estival, o servizo de BiciCoruña rexistrou 37.764 usos, case o dobre dos notificados en agosto do ano 2019 (19.880 usos). 

A renovación do servizo municipal de BiciCoruña

O pasado mes de xullo, o Concello da Coruña concretou a volta a renovación da frota de vehículos do servizo municipal de BiciCoruña, a primeira que se levou a cabo desde a súa posta en marcha no ano 2009. Neste sentido, incorporáronse 514 bicicletas novas, das que 172 son eléctricas e 342, mecánicas. Ademais, a mediados do pasado mes de setembro, a alcaldesa anunciou a adquisición, por parte do Concello, de 92 novas bicicletas eléctricas a través dos fondos Next Generation acadados polo Goberno municipal. Estas novas bicicletas eléctricas sumaranse, así, á frota xa existente.

O servizo municipal de BiciCoruña está disposto baixo dúas modalidades de pago: unha anual e outra ocasional. A anual ten un custo de 40 euros (3,33 euros ao mes) e, por outra banda, creouse unha modalidade ocasional ou turística, que serve para dar resposta á demanda das persoas que están de paso na cidade. O seu prezo é de 10 euros e permite usar a bicicleta durante un mes. O uso máximo nesta modalidade é de dúas horas, pero non permite volver retirar a bicicleta da estación unha vez depositada.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión