Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de outubro de 2020

Bolsa comedor 2020/2021, publicación da listaxe provisional de persoas beneficiarias e puntuación outorgada

Consulta a lista provisional no documento que se achega

A listaxe publícase por orde alfabética segundo o código do asento. O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números (consultar o documento "Nota aclaratoria" ao final desta noticia).

Se as persoas solicitantes ou interesadas non están de acordo co resultado da súa solicitude e desexan presentar alegacións a esta listaxe, teñen un prazo máximo de 10 días hábiles a partir do día seguinte da publicación desta listaxe no Taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña.

Durante este prazo, as persoas interesadas poderán achegar documentación e outros elementos de xuízo que serán tidas en conta polo órgano competente para ditar a correspondente proposta de resolución.

Todas as alegacións deben ser presentadas:

  • Nas oficinas dos rexistros municipais con CITA PREVIA. Para presentar a documentación nos rexistros municipais da Franxa, Fórum, María Pita  e Ágora hai que solicitar cita previa a través da páxina web municipal www.coruna.gal, no Teléfono de Atención Cidadá 010 ou ben no teléfono de servizo automático de cita previa 881 505 101.
  • Por calquera outro medio dos que permite o art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para presentar alegacións é do 28 de outubro ao 10 de novembro, ambos incluídos.

Documentos:

Lista provisional de bolsas de comedor 2020/20201 (209 KB)

Nota-aclaratoria-Listado-provisional-de-personas-beneficiarias-y-puntuacion-otorgada.pdf (164 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión