20 de maio de 2022
O luns 23 de maio, ás 18:30 h., no CCM Os Mallos, haberá unha reunión informativa coa empresa encargada de xestionar o programa á que teñen que acudir as persoas seleccionadas
ACEPTAR A PRAZA E XESTIÓN DA LISTAXE DE AGARDA
Unha vez publicada a resolución definitiva, as persoas seleccionadas disporán dun prazo de 5 días hábiles para a súa aceptación (do 23 ao 27 de maio), que deberá ser comunicada por escrito ao SME a través dos rexistros municipais ou en calquera das dependencias a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Transcorrido o dito prazo, sen que se produza tal comunicación, entenderase que renuncia a súa participación no programa. De se presentar a comunicación por medio dalgún rexistro non municipal deberase remitir copia escaneada da mesma (co selo de rexistro de entrada) por correo electrónico á seguinte dirección do SME (educacion@ coruna.gal) dentro do prazo de aceptación.
As persoas participantes, incluídas na listaxe de agarda, substituirán, por orde de puntuación, ás seleccionadas que renuncien á súa participación no programa ou que non poidan participar nel.
REUNIÓN INFORMATIVA
O luns 23 de maio, ás 18:30 h., haberá unha reunión informativa no CCM Os Mallos, coa empresa encargada de xestionar as bolsas.
Debe acudir a esta reunión todo o alumnado que aparece na listaxe de persoas seleccionadas e recoméndase que tamén acudan as persoas que ocupan os cinco primeiros postos da listaxe de agarda.
O máximo de persoas por familia que poden acudir son tres, entre elas debe de estar a persoa seleccionada e un dos proxenitores.
As familias que non teñan dispoñibilidade para acudir á reunión ese día, poden comunicarllo é empresa para axendar outra data para o encontro.
EMPRESA
A empresa adxudicataria do contrato de xestión do programa é LANGUAGE KINGDOM.
A partir do venres 20 de maio porase en contacto vía email coas persoas seleccionadas, polo que agradecen que estean atentos aos correos recibidos na bandexa de entrada e na de spam desde: BECAS@LKIDIOMAS.COM
En caso de dúbidas, poden contactar coa empresa a través do teléfono +34 637 84 98 94 - Helena.
17 de abril de 2024
17 de abril de 2024
16 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible