Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de setembro de 2020

Borrego: “A única forma de manter os destinos en 2021 é suspendendo temporalmente o contrato con Vueling”

A Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo decide deixar en suspenso a achega económica até o 28 de marzo do vindeiro ano tal e como o solicitou a compañía aérea, que é cando se prevé que a empresa poida prestar na cidade os servizos pactados Os informes técnicos recollen a existencia dunha forza maior para suspender temporalmente o contrato

O concello ten previsto recuperar os destinos pactados con Vueling en marzo de 2021, sempre que a situación sanitaria o permita, polo que se suspenderá temporalmente o contrato, xa que esta é a única opción viable para manter as liñas o ano que vén. Ademais, Turismo sacará a concurso nas vindeiras semanas a ruta a Bilbao co obxectivo de que en 2021 se garanta esta conexión desde A Coruña.

A Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo facultou esta mañá o seu presidente, Juan Ignacio Borrego, a seguir negociando coa compañía o restablecemento dos destinos posibles en función da evolución da pandemia co obxectivo de retomar a conectividade previa a marzo de 2020. O acordo tomado hoxe deixa en suspenso a aportación económica até o vindeiro 28 marzo de 2021, en que finaliza a tempada de inverno en aviación, o que supón que a partida destinada de 1,8 millones de euros para sufragar este contrato se destinará a paliar as consecuencias da crise.

Tanto a Cámara de Comercio como o Goberno local votaron a favor de suspendelo temporalmente posto que os informes técnicos evidencian que existe unha forza maior que impide que a empresa o cumpra nas condicións actuais.

Polo tanto, a Xunta de Goberno procederá a ampliar a prórroga prevista por un período equivalente ao que dure esta suspensión adoptada que prevén se estenderá até o 28 de marzo. Aínda así, poderá ampliarse tres meses máis como máximo (ata maio), e sen prexuízo das modificacións que a realidade impuxer e que son "impresivibles" para ambas as partes no momento actual.

Neste aspecto, o Consorcio de Turismo facultou o seu presidente en xullo para negociar a proposta de Vueling en que solicitaba a modificación do contrato reducindo o importe inicial da licitación nun 50%, negociación que nunca se chegou a iniciar porque inmediatamente a compañía pediu a súa suspensión temporal que hoxe se resolveu. Debido a que esta situación é consecuencia da propagación da Covid-19, aumentouse o prazo da prórroga por un período igual ao que sexa preciso para recuperar a normalidade e que se considera que se poida producir despois do primeiro trimestre de 2021.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión