Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xaneiro de 2020

Borrego sinala que a Copa do Rei e da Raíña de hóckey axudará a promover un deporte tan arraigado na cidade

O concelleiro de Deportes participou no sorteo de cuartos de final de dous trofeos que coinciden por segunda vez en datas e na mesma cidade

O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, participou esta mañá no sorteo da Copa do Rei e da Raíña 2020 de hóckey patíns, que tivo lugar no salón de plenos ante a presenza das capitás e dos capitáns, adestradores/as e das persoas representantes das directivas dos clubs que acudiron á cita xunto a Carmelo Paniagua, presidente da Real Federación Española de Patinaxe; e José Ramón Lete, secretario xeral de Deportes. No acto, que estivo conducido polo humorista Xosé Antonio Touriñán, o edil recordou a ligazón da cidade con este deporte desde que en 1942 o Real Club Deportivo disputou no "Leirón" un partido co Sporting Club Casino. En 1972, naceu o Liceo, que acadou nos anos 80 o seu máximo apoxeo e que é hoxe un gran referente do hóckey español e mundial: "En 2020 convence a Federación Española para que A Coruña acolla a copa do Rei e da Raíña", a segunda vez que ambos os trofeos van coincidir, "o que supón unha gran responsabilidade e alegría para nós".

Borrego asegurou que "seremos dignos anfitrións e anfitrioas de equipos e seguidores aos que convidamos a acudiren á nosa cidade", onde se desenvolverá, do 19 ao 22 de marzo, todo un programa deportivo turístico e gastronómico. Borrego lembrou que o Pazo dos Deportes acollerá a competición por cuarta vez, co fin de promocionar un deporte moi arraigado na Coruña e facer que as e os deportistas desfruten da súa estadía, "tarefas intrínsecas do coruñesismo e en que o Deportivo Liceo e o concello nos comprometemos coa federación".

Canto aos choques deportivos, a Copa comezará o xoves 19 con dous partidos en cada categoría. Na masculina, o Deportivo Liceo enfrontarase ao Reus Deportiu Miró e o Igualada Rigat HC xogará contra o CP Calafell Tot L´Any mentres que na feminina, Manlleu Magic Studio loitará por un posto en semifinais co Voltregá Stern Motor, e Telecable HC fará o mesmo contra o CHPO Bigues i Riells.

A competición seguirá o venres cun primeiro encontro entre Barça e o Garatge Plana Girona e un segundo que se disputará entre o Noia Freixenet e o Recam Làser Caldes. Na Copa da Raíña, CH Cerdanyola e CP Vila-Sana pelexarán por clasificarse nunha pista, a do Pazo dos Deportes, que acollerá tamén ás xogadoras do Generali HC Palau e ás do CP Alcorcón.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión