Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de setembro de 2022

Case 2.900 persoas citaranse o próximo fin de semana en Coruña42

Inscribíronse preto de 550 persoas ao Maratón Atlántica; máis de 1.400, á paralela de 10 quilómetros, e 900, ao Mini Atlántica

O próximo fin de semana, case 2.900 persoas citaranse co atletismo na novena edición de Coruña42 e as probas que acompañan ao Maratón Atlántica no seu regreso ao calendario deportivo tras a pandemia.

A carreira de 42 quilómetros será o obxectivo de máis de medio milleiro de deportistas. En concreto, 449 que se inscribiron á proba popular que pechou a inscrición este domingo, 25 de setembro, e preto dun centenar que o fixeron para participar na décimo terceira edición do Campionato Galego de Maratón (neste caso, a inscrición péchase este luns, 26 de setembro, ás 23.59 horas).

Coruña42 celebrarase o domingo 2 de outubro e, en paralelo, correrase unha popular de 10 quilómetros que reunirá nas rúas da cidade a 1.441 persoas.

A véspera da novena entrega do Maratón Atlántica, chegará o Mini Atlántica Coruña42, deseñada para menores de idade. Daranse cita 906 deportistas que naceron de 2005 en diante. Máis da metade, 526 serán 'peques' que chegaron ao mundo a partir de 2015.

A inscrición destas carreiras de menores era gratuíta, como todas as que organiza o Concello da Coruña para esas idades.

Aínda que o prazo para participar nas probas atléticas está xa pechado, aínda estás a tempo de sumarte a outras actividades relacionadas con Coruña42 como o Breakfast Run Solidario, a beneficio de Adaceco (Asociación de Dano Cerebral de Coruña), e a Pasta Party, eventos que se celebrarán o sábado 1 de outubro e aos que te podes apuntar ata o mércores 28 de setembro ás 23.59 horas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión