Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de decembro de 2019

Catro mozas coruñesas gañan a 9.ª edición do concurso de viñetas “Sen adiccións… Un bo plan”, impulsado pola Concellería de Benestar Social

Yoya Neira foi a encargada de entregar os premios ás mellores viñetas que mostraron ter “un bo plan” sen necesidade de recorrer a ningún hábito ou consumo aditivo. O certame realízase dentro do marco de accións desenvolvidas polo Programa Municipal de Prevención de Adiccións no ámbito escolar.

Esta mañá tivo lugar no Pazo Municipal de María Pita a entrega dos premios da 9.ª edición do concurso de viñetas "Sen adiccións... Un bo plan", unha acción impulsada pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación dentro do marco de accións desenvoltas polo Programa Municipal de Prevención de Adiccións no ámbito escolar e da promoción do lecer saudable na mocidade.

O obxectivo deste concurso é complementar as accións de prevención das adiccións realizadas nos centros escolares da cidade (obradoiros de prevención de consumo de tabaco, alcol e outras sustancias e do uso inadecuado da internet e redes sociais) e  implicar a mocidade no deseño de estratexias preventivas de sensibilización, así como fomentar os hábitos e as alternativas de lecer saudable. Nel participou a mocidade de ensino secundario (ESO) e formación profesional básica (FPB) dos centros do municipio da Coruña, en dúas categorías: alumnado de 1.º e 2.º da ESO e alumnado de 3.º e 4.º da ESO ou FPB. A participación podía ser individual ou promovida polo centro de ensinanza. Nesta edición, participaron 726 mozas e mozos dos centros escolares da Coruña.

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, foi a encargada de lles entregar os premios ás gañadoras:

-           Leticia Yáñez Carpintero, na Categoría 1 (1.º ESO no Centro Plurilingüe Compañía de María)

-           Estefana Volontir, no Accésit Categoría 1 (1.º ESO no IES Agra do Orzán)

-           Nicole Rodríguez Leva, na Categoría 2 (participou de forma individual)

-           Raquel González Calvo, no Accésit Categoría 2 (4.º ESO no IES Salvador de Madariaga)

-           Mariña Castro Souto, Accésit especial (1.º ESO IES Ramón Menéndez Pidal)

Neira animou publicamente a mocidade a ter bos hábitos de vida e referiuse á xuventude "como a solución" a este tipo de adiccións e non "como o problema". Ademais, a edila agarda que esta edición sexa "o primeiro de moitos proxectos que se fan dun xeito máis participado entre a comunidade escolar, nais e pais, alumnado e Concello".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión