14 de abril de 2020
Desde as 20.45 ás 01.30 horas de onte, os dous vehículos que escoltaron as unidades municipais realizaron as rutas establecidas por Medio Ambiente, ampliaron os percorridos e pasaron tamén pola zona do Porto, A Mariña, Pérez Ardá e a vía de acceso a Lonzas
Catro patrullas da Policía Local colaboraron onte entre as 20.45 e as 01.30 horas con dous camións da Demarcación de Estradas do Ministerio de Fomento na desinfección de varias vías, enmarcadas dentro das trece rutas que deseñou a Concellería de Medio Ambiente.
Unha vez que se finalizaron os itinerarios previstos e como aínda quedaba líquido na carga dos vehículos, estes pasaron tamén pola zona peonil da avenida da Mariña, desde Porta Real ao centro comercial Cantones Village; por Alcalde Manuel Casás, a avenida Ferrocarril, entre a estación de San Cristovo e a avenida de San Cristovo; Médico Devesa Núñez, en Lonzas (vía de acceso á Garda Civil, Cruz Vermella e Policía Nacional); Pérez Ardá en ambos os sentidos e o tramo que transcorre entre a Casa do Mar e o acceso ao Porto.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible