Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de julio de 2021

Celemín destaca que exposicións como “Fotógrafos da natureza 2021” reforza o atractivo e a presenza dos Museos Científicos na cidade

A mostra inclúe as mellores instantáneas do certame GDT European Wildlife Photographer of the Year, que destacan pola beleza e o carácter de denuncia sobre situacións de maltrato ao medio natural e aos animais

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, inaugurou este mediodía no Aquarium xunto ao director dos Museos Científicos, Marcos Pérez, a exposición "Fotógrafos da Natureza 2021", que contén as fotografías galardoadas na última edición do concurso GDT European Wildlife Photographer of the Year. Celemín sinalou que nesta edición se presentaron máis de 19.000 imaxes de autoras/es de 38 países europeos dunha altísima calidade que vai en consonancia coa intención do Goberno de Inés Rey de reforzar o atractivo e a presenza dos Museos Científicos na cidade. O concelleiro explicou que a mostra inclúe estampas que nos abraian pola beleza da natureza e outras que nos amosan como tratamos e maltratamos esa mesma natureza. Este concurso, que promove a Asociación Alemá de Fotógrafos da Natureza desde o 2000, ten como obxectivo mostrar o extraordinario nivel da fotografía da natureza tanto profesional como afeccionada en Europa, pero tamén pretende promover o coñecemento e conservación do medio natural.

Celemín explicou que a iniciativa consta de nove categorías: Aves, Mamíferos, Outros animais, Eloxio das plantas, Paisaxes, Mundo submarino, Ser humano e natureza, Forma e composición e Novos fotógrafos. Nesta entrega foron finalistas 19 fotógrafos españois, un deles gañador no apartado de Outros animais, e o outro no de Novos fotógrafos menores de 14 anos. O vencedor absoluto deste ano foi Jasper Doest, dos Países Baixos, cunha instantánea dun "macaco xaponés" actuando nunha taberna.

O concelleiro deulles a en hora boa a todas e todos os galardoados e galardoadas e ao Aquarium por seguir albergando esta iniciativa coa mesma ilusión do primeiro día. Pola súa parte, Marcos Pérez, asegurou que estas fotografías cobren dous aspectos importantes da educación científica: a posibilidade de apreciar a beleza dos espazos naturais, animais e paisaxes e o carácter de denuncia: "Trátase dun premio sensible ante situacións en que as persoas non estamos á altura das circunstancias".

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión