Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xuño de 2021

Chega a terceira edición da OMNA, Olimpíada Matemática Nacional

Este ano correspóndelle organizala á sociedade galega AGAPEMA, pero debido á pandemia, non será presencial, senón virtual

Unha vez terminado o XX Rebumbio Matemático, e certames análogos noutras comunidades, os gañadores de todos eles danse cita na III Olimpíada Matemática Nacional Alevín.

Este ano correspóndelle organizala á sociedade galega AGAPEMA, pero debido á pandemia, non poderá ser presencial, como estaba previsto, senón virtual.

Os gañadores reuniranse nunha sede en cada comunidade, e desde alí estarán conectados de forma virtual con todos os demais, para resolver simultaneamente, os problemas e retos que se lle presentarán durante a xornada do día 26 de xuño.

O día 1 de xullo ás 12, haberá outra conexión para comunicar os gañadores e presentar a IV OMNA.

Documentos relacionados

  • OMNA: programa (219 KB)
  • OMNA: sociedades participantes (228 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión