Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cando:

6 de agosto de 2020

Choiva de estrelas no Planetario da Casa das Ciencias

— Do 8 ao 14 de agosto, todas as sesións do Planetario dedicarán uns minutos á choiva de estrelas fugaces das Perseidas

A choiva de estrelas fugaces das Perseidas é unha das citas anuais máis importantes para as persoas afeccionadas á Astronomía. Este ano, a corrente de meteoros alcanza o seu punto álxido a noite do 12 ao 13 de agosto, en que a Lúa minguante deses días vai favorecer a observación. Afortunadamente, a choiva de estrelas fugaces non é un fenómeno puntual e poderemos seguir gozando dela nos días seguintes.

No período de máxima actividade, poden chegar a verse máis de cen estrelas fugaces cada hora baixo un ceo escuro e despexado. A contaminación luminosa fai que nas proximidades das cidades ou en zonas máis iluminadas o número de meteoros visibles diminúa.

Entre o 8 e o 14 de agosto, todas as sesións do planetario da Casa das Ciencias incluirán recomendacións para observar as Perseidas. Para asistir a calquera sesión, cómpre reservar entradas con antelación neste enderezo web.

Sen prismáticos

Para gozar das Perseidas, non se precisan instrumentos ópticos, como prismáticos ou telescopios, nin se requiren coñecementos especiais de Astronomía, xa que os meteoros poden verse por toda a bóveda celeste. Iso si, todas as traxectorias teñen a súa orixe na constelación de Perseo (de aí o seu nome), que emerxe polo horizonte en dirección nordeste despois da medianoite.

As Perseidas tamén se coñecen como Bágoas de San Lourenzo, xa que o día 10 de agosto está dedicado no santoral a este diácono de Roma que sufriu martirio asado nunha grella no ano 258. Mais en realidade non son outra cousa que pequenos fragmentos da cola do cometa Swift- Tuttle que, cun tamaño inferior ao de grans de arroz, entran na atmosfera a unha gran velocidade e deixan ao seu paso un rastro luminoso que pode chegar a durar varios segundos. Este cometa achégase á Terra cada 120 anos e renova a corrente de partículas que o noso planeta atravesa cada ano por estas datas, no seu percorrido arredor do Sol.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión